O BNG de Rianxo, crítico co Concello por “destinar todo o POS+ adicional a gasto corrente”

O Concello de Rianxo celebrou unha sesión extraordinaria o pasado día 10 para a aprobación do POS+ adicional. A pretensión do equipo de Goberno de destinar o cen por cento do seu orzamento para o investimento a gasto corrente motivo as queixas do BNG, que considera que isto supón “outra oportunidade perdida” para cometer actuacións […]
O artigo O BNG de Rianxo, crítico co Concello por “destinar todo o POS+ adicional a gasto corrente” publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Rianxo celebrou unha sesión extraordinaria o pasado día 10 para a aprobación do POS+ adicional. A pretensión do equipo de Goberno de destinar o cen por cento do seu orzamento para o investimento a gasto corrente motivo as queixas do BNG, que considera que isto supón “outra oportunidade perdida” para cometer actuacións
O artigo O BNG de Rianxo, crítico co Concello por “destinar todo o POS+ adicional a gasto corrente” publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Rianxo celebrou unha sesión extraordinaria o pasado día 10 para a aprobación do POS+ adicional. A pretensión do equipo de Goberno de destinar o cen por cento do seu orzamento para o investimento a gasto corrente motivo as queixas do BNG, que considera que isto supón “outra oportunidade perdida” para cometer actuacións necesarias no municipio.

Entre as actuacións propostas polo BNG están melloras no saneamento e abastecemento de auga, así como proxectos como a Casa de Dieste ou o ascensor do Liceo. “Non se trata de impoñer os nosos proxectos, senón de sentarnos e buscar acordos sobre onde é máis necesario investir”, apuntou Rei.

O portavoz municipal do BNG, Fran Rei, criticou que “o Goberno local decidise o destino destes recursos sen negociar co resto da Corporación”. E engadiu: “Botamos en falta máis diálogo e capacidade para chegar a acordos. Hai proxectos importantes para Rianxo aos que poderiamos destinar, polo menos, unha parte destes fondos”.

A agrupación tamén lembra no seu comunicado que na orde do día da devandita sesión extraordinaria tamén figuraba a votación para aprobación do proxecto modificado para o acondicionamento do andar baixo do Pazo de Rianxiño como centro de día, no que o BNG posicionouse a favor “xa que a merca do edificio para esta causa ocorreron nas lexislaturas anteriores baixo mandato nacionalista”. Porén, o edil José Vázquez lamentou que non se incorpore un ascensor a este novo plan: “É unha mágoa que un edificio destinado a un centro de día non conte cunha solución de accesibilidade”, afirmou.

O grupo nacionalista tamén reclamou “unha maior implicación da Xunta de Galicia na posta en funcionamento do centro”. E apuntou: “En Rianxo o Concello está asumindo a compra do edificio, a obra a través da Deputación e a xestión do servizo, mentres a Xunta non se compromete”. Seguindo este fío, reclamaron ao Goberno galego que “actúe do mesmo xeito que noutros concellos limítrofes e garanta a posta en marcha deste servizo necesario para a veciñanza”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas