O BNG de Ribeira reafirma a súa fortaleza orgánica e o seu compromiso co municipio tras celebrar un encontro con militantes e simpatizantes nun ambiente marcado pola ilusión e o orgullo polo traballo desenvolvido nos últimos anos. A xuntanza, celebrada este 22 de febreiro, serviu para constatar —segundo a formación nacionalista— o amplo apoio social […] O BNG de Ribeira reafirma a súa fortaleza orgánica e o seu compromiso co municipio tras celebrar un encontro con militantes e simpatizantes nun ambiente marcado pola ilusión e o orgullo polo traballo desenvolvido nos últimos anos. A xuntanza, celebrada este 22 de febreiro, serviu para constatar —segundo a formación nacionalista— o amplo apoio social
O BNG de Ribeira reafirma a súa fortaleza orgánica e o seu compromiso co municipio tras celebrar un encontro con militantes e simpatizantes nun ambiente marcado pola ilusión e o orgullo polo traballo desenvolvido nos últimos anos.

A xuntanza, celebrada este 22 de febreiro, serviu para constatar —segundo a formación nacionalista— o amplo apoio social co que conta o seu proxecto e, en particular, o respaldo á figura de Luís Pérez Barral e ao equipo que encabeza. O exalcalde e portavoz nacionalista destacou que “este encontro amosa que hai equipo, proxecto e moitas ganas de seguir construíndo unha Ribeira en grande”.
Pérez Barral subliñou ademais que o contacto diario coa veciñanza confirma que “o traballo serio, honesto e con ideas claras deixa pegada”, asegurando que o proxecto nacionalista continúa a espertar confianza entre a cidadanía.
Desde o Bloque sinalan que a organización local está a medrar coa incorporación de novas persoas que formalizan a súa alta, un feito que interpretan como síntoma de fortaleza interna e cohesión. “Seguimos aquí, con máis experiencia, máis forza e a mesma vontade de servir á nosa veciñanza”, engadiu o portavoz.
A formación destaca que esta nova etapa constitúe tamén unha oportunidade para escoitar propostas, sumar sensibilidades e consolidar un proxecto colectivo que mira ao futuro con ambición. “Ribeira, o mellor está por vir”, concluíu Pérez Barral, reafirmando a vontade de continuar traballando polo desenvolvemento social e económico do municipio.
Barbanza-Arousa | O Barbanza
