O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestou a súa firme oposición á utilización da ría de Arousa como punto de vertido de materiais de dragado e exixiu a clausura definitiva do punto de vertido na Illa de Sálvora. Ademais, reclamou un estudo detallado sobre o impacto ambiental deste depósito nunha das zonas de maior riqueza ecolóxica, […] O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestou a súa firme oposición á utilización da ría de Arousa como punto de vertido de materiais de dragado e exixiu a clausura definitiva do punto de vertido na Illa de Sálvora. Ademais, reclamou un estudo detallado sobre o impacto ambiental deste depósito nunha das zonas de maior riqueza ecolóxica,

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestou a súa firme oposición á utilización da ría de Arousa como punto de vertido de materiais de dragado e exixiu a clausura definitiva do punto de vertido na Illa de Sálvora. Ademais, reclamou un estudo detallado sobre o impacto ambiental deste depósito nunha das zonas de maior riqueza ecolóxica, pesqueira e marisqueira de Galiza.
Nunha rolda de prensa celebrada en Ribeira, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, a deputada no Parlamento galego, Rosana Pérez, e o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, denunciaron a situación e demandaron a cancelación definitiva deste punto de vertido. Estiveron acompañados por outros cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca do Barbanza.
O deputado Néstor Rego cualificou de “inaceptable” que o Goberno do Estado continúe considerando as rías galegas como vertedoiros de residuos de dragados portuarios, poñendo en risco a biodiversidade e os sectores produtivos da costa. Ademais, subliñou que a reactivación do punto de vertido en Sálvora contravén os acordos acadados no Parlamento galego.
Pola súa banda, a deputada Rosana Pérez lembrou que en 2019 o Parlamento Galego aprobou por unanimidade unha resolución que instaba a buscar alternativas sustentables para o depósito de lodos de dragados, garantindo que non afectasen ás rías galegas, especialmente á de Arousa. Pérez cualificou de “escándalo” que se propoña de novo o mesmo punto de vertido, ignorando as demandas do sector pesqueiro e marisqueiro.
O alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, asegurou que a xestión dos dragados debe facerse con criterios ambientais e sociais, e non basearse nos intereses da administración central, que semella descoñecer a importancia da ría de Arousa para a economía local.
O BNG denunciou que a habilitación do punto de vertido en 1998 na boca sur da ría de Arousa non foi sometida a exposición pública nin contou con informes ambientais previos. Desde entón, milleiros de metros cúbicos de lodos e outros materiais foron depositados na zona, a pesar de tratarse dun espazo protexido como a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
A formación nacionalista esixe que o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza garantan a protección ambiental da ría de Arousa, impedindo novos vertidos e levando a cabo unha avaliación rigorosa do impacto que xa poida terse producido. Ademais, o BNG reiterou o seu compromiso coa defensa dos sectores produtivos da ría e anunciou novas iniciativas tanto no Congreso como no Parlamento galego para frear esta situación.
Barbanza-Arousa | O Barbanza