O Campo de Arriba de Rianxo acolle este sábado ao mediodía unha Oitomarsada Violeta

A organización do Festival Rock in Rian, a Asociación A Moreniña e o Concello de Rianxo, da man do Comité de Irmandiñas Púrpuras, organizan este sábado 8 de marzo unha actividade participativa para celebrar o Día Internacional da Muller (8M). Trátase dunha Oitomarsada Violeta á que está convidada a participar toda a veciñanza rianxeira, con […] A organización do Festival Rock in Rian, a Asociación A Moreniña e o Concello de Rianxo, da man do Comité de Irmandiñas Púrpuras, organizan este sábado 8 de marzo unha actividade participativa para celebrar o Día Internacional da Muller (8M). Trátase dunha Oitomarsada Violeta á que está convidada a participar toda a veciñanza rianxeira, con  

A organización do Festival Rock in Rian, a Asociación A Moreniña e o Concello de Rianxo, da man do Comité de Irmandiñas Púrpuras, organizan este sábado 8 de marzo unha actividade participativa para celebrar o Día Internacional da Muller (8M). Trátase dunha Oitomarsada Violeta á que está convidada a participar toda a veciñanza rianxeira, con formato de concentración reivindicativa. Contarase cun micrófono aberto ás persoas asistentes (inscrición a través das redes sociais), e rematarase cunha intervención musical a cargo da agrupación Boroa. A cita será ás 12h no Campo de Arriba.

A maiores, as celebracións deste sábado en Rianxo incluíron o 22 de febreiro un obradoiro de pancartas no que foron postas sobre o papel todas aquelas mensaxes e lemas que “tanta falta fan lembrar”, en palabras das entidades organizadoras da xornada. As pancartas resultantes encherán de proclamas a concentración deste sábado.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas