O Concello da Pobra impulsa a renovación da pista de atletismo da Alta

A Pobra do Caramiñal, mércores 2 de setembro. O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, mantivo unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, co obxectivo de solicitar financiamento para acometer a remodelación do pavimento da pista de atletismo do Estadio da Alta. O encontro tivo lugar […]
O artigo O Concello da Pobra impulsa a renovación da pista de atletismo da Alta publicouse primeiro en O Barbanza. A Pobra do Caramiñal, mércores 2 de setembro. O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, mantivo unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, co obxectivo de solicitar financiamento para acometer a remodelación do pavimento da pista de atletismo do Estadio da Alta. O encontro tivo lugar
O artigo O Concello da Pobra impulsa a renovación da pista de atletismo da Alta publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Pobra do Caramiñal, mércores 2 de setembro. O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, mantivo unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto García, co obxectivo de solicitar financiamento para acometer a remodelación do pavimento da pista de atletismo do Estadio da Alta.

O encontro tivo lugar nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte e contou tamén coa participación do presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; do director técnico da entidade, Abelardo Moure; e da coordinadora de Deportes do Concello, Ana Romero.

Durante a reunión, a representación pobrense trasladoulle ao secretario xeral para o Deporte a solicitude de apoio económico da Xunta para levar a cabo esta actuación na instalación deportiva.

Desde o Concello incídese na importancia de avanzar na mellora das instalacións deportivas municipais e de procurar a colaboración entre administracións para acometer actuacións que permitan seguir reforzando as infraestruturas destinadas á práctica deportiva na Pobra.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas