No camiño de mellorar a seguridade dos negocios instalados no Polígono da Tomada, a Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal instalou unha quincena de cámaras por todo o parque empresarial que están controladas pola Policía local dende finais da semana pasada. O investimento ascendeu a aproximadamente 17.000 euros, IVE incluído. O alcalde e titular […] No camiño de mellorar a seguridade dos negocios instalados no Polígono da Tomada, a Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal instalou unha quincena de cámaras por todo o parque empresarial que están controladas pola Policía local dende finais da semana pasada. O investimento ascendeu a aproximadamente 17.000 euros, IVE incluído. O alcalde e titular
No camiño de mellorar a seguridade dos negocios instalados no Polígono da Tomada, a Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal instalou unha quincena de cámaras por todo o parque empresarial que están controladas pola Policía local dende finais da semana pasada. O investimento ascendeu a aproximadamente 17.000 euros, IVE incluído.
O alcalde e titular da Concellaría da Seguridade, José Carlos Vidal, explica que o obxectivo é “reforzar a seguridade nun punto estratéxico para a economía local como é o polígono industrial da Tomada. Deste xeito, os nosos efectivos municipais teñen un control en tempo real do tránsito por este parque empresarial.”
Esta medida súmase á xa emprendida no remate do mes de setembro coa colocación doutras dúas cámaras na rúa Cinco Calles, por un importe de arredor de 4.000 euros, tamén co IVE engadido. “Aquí a finalidade é vixiar que esta vía é empregada exclusivamente polos vehículos autorizados”, engade o rexedor, quen non descarta implantar noutras áreas do municipio en función das necesidades detectadas dende o corpo policial.
Barbanza-Arousa | O Barbanza