O Concello de Boiro apoia a actividade social no municipio con 45.000 euros a entidades e asociacións

O Concello de Boiro destina un total de 45.000 euros para desenvolver actividades con fins sociais promovidas por entidades e asociacións. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, asinaron na mañá deste 20 de novembro os convenios coas entidades sociais que levan a cabo accións no municipio. Na sinatura […] O Concello de Boiro destina un total de 45.000 euros para desenvolver actividades con fins sociais promovidas por entidades e asociacións. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, asinaron na mañá deste 20 de novembro os convenios coas entidades sociais que levan a cabo accións no municipio. Na sinatura  

O Concello de Boiro destina un total de 45.000 euros para desenvolver actividades con fins sociais promovidas por entidades e asociacións. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, asinaron na mañá deste 20 de novembro os convenios coas entidades sociais que levan a cabo accións no municipio.

Na sinatura estiveron presentes representantes da Cruz Vermella, Cáritas, Amicos, Agadea, Ambar, A Creba, Renacer e Arelas; todas elas renovaron un ano máis a colaboración co Concello de Boiro para seguir traballando en propostas e actividades que fomentan o benestar social.

Continúan deste xeito no municipio os Talleres de Memoria que Cruz Vermella leva a cabo en todas as parroquias destinados a persoas maiores, programas de apoio escolar ou outras actividades lúdicas e de cooperación con colectivos vulnerábeis; o roupeiro social ou entrega de alimentos que cubran as necesidades básicas de familias do municipio e que realiza Cáritas; programas de inclusión social de desenvolven Amicos, Ambar ou A Creba.

Tamén van destinadas estas axudas aos obradoiros e programas para persoas con alzhéimer ou principios de demencia que realiza AGADEA; programas formativos sobre adiccións nos centros de ensino que desenvolve Renacer ou ás propostas en materia de diversidade e colectivo LGTBI que promove Arelas.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas