O Concello de Boiro colabora un ano máis na campaña solidaria que Comprarcasa Mirabén realiza durante o Nadal en beneficio de Cáritas. O alcalde, José Ramón Romero, participou este xoves 21 de novembro na presentación da campaña xunto con Fernando Casas e Leticia Domínguez, de Comprarcasa Mirabén, e Cecilia Parada, de Cáritas Despois do éxito […] O Concello de Boiro colabora un ano máis na campaña solidaria que Comprarcasa Mirabén realiza durante o Nadal en beneficio de Cáritas. O alcalde, José Ramón Romero, participou este xoves 21 de novembro na presentación da campaña xunto con Fernando Casas e Leticia Domínguez, de Comprarcasa Mirabén, e Cecilia Parada, de Cáritas Despois do éxito
O Concello de Boiro colabora un ano máis na campaña solidaria que Comprarcasa Mirabén realiza durante o Nadal en beneficio de Cáritas. O alcalde, José Ramón Romero, participou este xoves 21 de novembro na presentación da campaña xunto con Fernando Casas e Leticia Domínguez, de Comprarcasa Mirabén, e Cecilia Parada, de Cáritas
Despois do éxito da pasada edición, este ano repiten coa recollida de libros baixo o lema Merendas de Nadal cheas de historias. Ademais da recollida de libros para todas as idades, tamén se recollen alimentos propios de merendas de Nadal: “É unha campaña que pensa nos máis pequenos e na súa ilusión para estas datas coa recollida de libros e alimentos pensados para merendas”, afirmou Fernando Casas.
“Para nós é un orgullo colaborar novamente cunha campaña coma esta na que empresas e entidades realizan accións conxuntas que teñen un fin social”, recoñeceu o alcalde. A recollida farase entre o 20 de novembro e o 20 de decembro na oficina de Comprarcasa Miraben na rúa Principal.
Barbanza-Arousa | O Barbanza