O Concello de Boiro destina o POS+ de gastos sociais para cubrir as necesidades de vivenda de emerxencia e ampliar os programas sociais

O Concello de Boiro aprobou na sesión plenaria extraordinaria deste 9 de xaneiro a participación no POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios 2025 da Deputación da Coruña cun importe de 111.381,43 euros. O groso da subvención de 2025 vaise destinar á adquisición de equipamento para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais. En particular achegaranse […] O Concello de Boiro aprobou na sesión plenaria extraordinaria deste 9 de xaneiro a participación no POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios 2025 da Deputación da Coruña cun importe de 111.381,43 euros. O groso da subvención de 2025 vaise destinar á adquisición de equipamento para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais. En particular achegaranse  

O Concello de Boiro aprobou na sesión plenaria extraordinaria deste 9 de xaneiro a participación no POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios 2025 da Deputación da Coruña cun importe de 111.381,43 euros.

O groso da subvención de 2025 vaise destinar á adquisición de equipamento para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais. En particular achegaranse 42.350 euros para a adquisición dunha vivenda modular para aloxamento de emerxencia; e tamén unha partida de 17.600 euros para a adquisición de mobiliario para a vivenda que o Concello de Boiro está a rehabilitar para casos de emerxencia social.

Entre as distintas liñas de financiamento, o Goberno local propón o reforzo de persoal técnico, cunha dotación de 18.000 euros; a ampliación da partida de emerxencia social, destinando 10.000 euros desta subvención; as axudas para respiro e conciliación familiar, cun importe de 12.168 euros; e destinase tamén un 1% do importe concedido para a renovación dos equipos informáticos no departamento, cun investimento de 1.200 euros.

Amais, destínase unha partida de 10.000 euros para a adquisición de axudas técnicas, en particular catro camas articuladas, tres grúas para mobilización de persoas dependentes e dúas táboas de transferencia para ampliar o banco de préstamo do Concello de Boiro a familias usuarias do servizo de axuda no fogar con persoas dependentes ao seu cargo.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas