O Concello de Boiro edita uns libros infantís para concienciar sobre a importancia do coidado do noso mar

O Concello de Boiro celebrou este venres 11 de abril a presentación do proxecto O que nos conta o mar de Arousa que tivo como resultado final a publicación de catro libros infantís de divulgación. Participaron na presentación o alcalde, José Ramón Romero; a xerente do GALP, Rosa Carballo; a concelleira de Medio Ambiente e […] O Concello de Boiro celebrou este venres 11 de abril a presentación do proxecto O que nos conta o mar de Arousa que tivo como resultado final a publicación de catro libros infantís de divulgación. Participaron na presentación o alcalde, José Ramón Romero; a xerente do GALP, Rosa Carballo; a concelleira de Medio Ambiente e  

O Concello de Boiro celebrou este venres 11 de abril a presentación do proxecto O que nos conta o mar de Arousa que tivo como resultado final a publicación de catro libros infantís de divulgación. Participaron na presentación o alcalde, José Ramón Romero; a xerente do GALP, Rosa Carballo; a concelleira de Medio Ambiente e Mar, Olga González; e unha das colaboradoras no proxecto, Paula Toucedo.

Este proxecto desenvolveuse en varias partes, por un lado a recompilación de información de persoas vinculadas ao mar e ao territorio para o deseño das personaxes que dan identidade aos contos; a segunda parte foi a elaboración das catro obras literarias que teñen distintas temáticas como o cambio climático, a contaminación mariña, a sobrexplotación do medio mariño e a pesca selectiva e responsábel.

“Porque tan importante é ser conscientes e coñecedores da realidade na que vivimos como transmitírllela aos máis cativos. Os lectores destes libros son o noso futuro e deben ser conscientes da importancia do mar e os recursos mariños para a nosa comarca”, afirmou o alcalde.

Olga González e Paula Toucedo explicaron o contido destas catro obras para a súa divulgación en colexios e bibliotecas para a súa difusión acompañadas de materiais didácticos para poder traballar sobre elas; unha iniciativa contribúe a recuperar o patrimonio cultural e a talasonimia propia da ría de Arousa e a difundilos entre as novas xeracións.

“Trátase duns libros dirixidos a un público fundamental e que debe coñecer a importancia do traballo do mar para garantir o relevo xeracional e que non se perda”, recoñeceu Rosa Carballo.

Este proxecto desenvolveuse mediante unha subvención da Consellería do Mar para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local e participativo EDLP, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027 dun importe de 44.668,90 euros.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas