O Concello de Boiro vén de rematar as obras para a mellora dun camiño de acceso a parcelas agrícolas no lugar de Nine, unha actuación dun importe de 61.241,34 euros. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron na mañá deste 13 de marzo o lugar para coñecer […] O Concello de Boiro vén de rematar as obras para a mellora dun camiño de acceso a parcelas agrícolas no lugar de Nine, unha actuación dun importe de 61.241,34 euros. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron na mañá deste 13 de marzo o lugar para coñecer

O Concello de Boiro vén de rematar as obras para a mellora dun camiño de acceso a parcelas agrícolas no lugar de Nine, unha actuación dun importe de 61.241,34 euros. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron na mañá deste 13 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das actuacións. Segundo informaron, as obras realizadas tiveron como obxecto a mellora do firme e recollida de pluviais mediante a rehabilitación superficial coa aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto do firme. “Con esta actuación o que buscamos é solucionar os problemas de asolagamentos que se producían polas fortes choivas”, afirmou o concelleiro de Urbanismo e Obras.
Ademais incorporouse una nova rede de recollida de pluviais que vai evitar as escorrentías de auga da choiva, actuación que foi completada coa sinalización viaria horizontal para a mellora da seguridade do conxunto da vía. “Trátase dunha actuación máis no noso rural, nunha zona onde se levaron a cabo investimentos importantes para a mellora dos servizos e, sobre todo, da vertebración do territorio coa mellora dos pavimentados”, recoñeceu o alcalde.
As actuacións contaron co financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mediante o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, confinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Barbanza-Arousa | O Barbanza