O Concello de Boiro fixa como festivos locais para o ano 2026 o 16 de xullo e o 31 de agosto

O pleno do Concello de Boiro, celebrado este xoves 31 de xullo, aprobou designar os festivos locais para o ano 2026, que serán o 16 de xullo e o 31 de agosto. A festividade do Carme e San Ramón son as datas escollidas pola Administración local como non laborábeis na anualidade 2026. Corresponde a cada […] O pleno do Concello de Boiro, celebrado este xoves 31 de xullo, aprobou designar os festivos locais para o ano 2026, que serán o 16 de xullo e o 31 de agosto. A festividade do Carme e San Ramón son as datas escollidas pola Administración local como non laborábeis na anualidade 2026. Corresponde a cada  

O pleno do Concello de Boiro, celebrado este xoves 31 de xullo, aprobou designar os festivos locais para o ano 2026, que serán o 16 de xullo e o 31 de agosto. A festividade do Carme e San Ramón son as datas escollidas pola Administración local como non laborábeis na anualidade 2026.

Corresponde a cada Administración local fixar dúas datas como festas locais que serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperábeis que se suman ás xa fixadas pola Comunidade Autónoma e o Estado.

Deste xeito, en Boiro serán festivo o xoves 16 de xullo, que se celebra a festividade do Carme; e o luns 31 de agosto, celebración do San Ramón de Bealo.

A igrexa de San Ramón de Bealo

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas