O Concello de Boiro traballa para axilizar os trámites para a aprobación do Plan Parcial de Barraña neste ano 2025, co que se habilitará a construción de 900 vivendas no núcleo urbano para favorecer o crecemento demográfico. O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, falaron máis polo miúdo do proxecto. […] O Concello de Boiro traballa para axilizar os trámites para a aprobación do Plan Parcial de Barraña neste ano 2025, co que se habilitará a construción de 900 vivendas no núcleo urbano para favorecer o crecemento demográfico. O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, falaron máis polo miúdo do proxecto.

O Concello de Boiro traballa para axilizar os trámites para a aprobación do Plan Parcial de Barraña neste ano 2025, co que se habilitará a construción de 900 vivendas no núcleo urbano para favorecer o crecemento demográfico. O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, falaron máis polo miúdo do proxecto.
Indicaron que as actuacións delimítanse ao ámbito do Plan Parcial de Barraña correspondente coas áreas de Solo Urbanizable Público Programa contiguo ao núcleo urbano do Boiro cunha superficie de 140.829,24 metros cadrados que de delimita coa avenida da Constitución e rúa María Mariño, e av. Empresario Jesús Alonso.
“Estamos habilitando ferramentas para poder facer uso deste solo, unha zona moi privilexiada pola súa proximidade tanto ao mar como ao casco urbano e que vai supoñer a oportunidade de crecemento do noso municipio”, afirmou o tenente de alcalde, Luís Ruiz.
O proxecto de urbanización que se pretende aprobar dentro deste exercicio contemplará a creación de 902 vivendas, das cales 188 serán vivendas protexidas; 2.817 prazas de aparcamento; 30.757 metros cadrados de espazos libres públicos e 14.300 metros cadrados para equipamentos públicos. Os usos que se contemplan, ademais de vivenda, é o hoteleiro, comercial, oficinas, sanitario, educativo, asistencial…
“Xunto coa formación para a creación do emprego e a ampliación do Polígono Industrial precisamos tamén cubrir a demanda de vivenda e este proxecto vai supoñer un antes e un despois para o crecemento do noso pobo e superar os 20.000 habitantes”, recoñeceu o alcalde. A ordenación do Plan Parcial estaba paralizada dende o ano 2013 e neste momento estanse realizando as liquidacións aos propietarios para poder aprobar o proxecto de urbanización.

Barbanza-Arousa | O Barbanza