O Concello de Boiro presenta os resultados do programa de screening visual do Proxecto EnClave

O Concello de Boiro fixo balance do acadado a través do proxecto EnClave, unha actividade de screening visual para o desenvolvemento de cribados visuais na contorna educativa. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación dos resultados deste programa xunto coa decana da facultade de Óptica e Optometría da USC, María Jesús Giráldez; a técnico […] O Concello de Boiro fixo balance do acadado a través do proxecto EnClave, unha actividade de screening visual para o desenvolvemento de cribados visuais na contorna educativa. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación dos resultados deste programa xunto coa decana da facultade de Óptica e Optometría da USC, María Jesús Giráldez; a técnico  

O Concello de Boiro fixo balance do acadado a través do proxecto EnClave, unha actividade de screening visual para o desenvolvemento de cribados visuais na contorna educativa. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación dos resultados deste programa xunto coa decana da facultade de Óptica e Optometría da USC, María Jesús Giráldez; a técnico de Ensino, Elena Dosil; e os directores do CEIP Santa Baia, Gustavo Romero, e CEIP Santa María do Castro, Lucia Abad.

María Jesús Giráldez é membro da clínica universitaria de Optometría da USC, o Servizo de Optometría (SO). Dentro das actividades desenvolvidas no SO, inclúese o desenvolvemento de cribados visuais na contorna educativa coa finalidade de detectar posibles problemas visuais. Segundo explicaron, “na idade escolar, os problemas visuais son frecuentes, non tratalos pode levar a anomalías visuais dificilmente reversíbeis co paso do tempo, como é o caso da ambliopía, polo que é necesaria a detección temperá. A presenza de alteracións visuais poden igualmente afectar ao proceso de aprendizaxe da rapazada, especialmente en casos de nenos/as con necesidades especiais, nos que incluso poden condicionar o seu comportamento”.

Engadiron que os estudos indican que os defectos de refracción afectan ao 20% dos nenos en idade preescolar e escolar, e que só 3 de cada 10 nenos de menos de 7 anos acudiron algunha vez para unha exame visual. “Isto, e o feito de que moitos casos poden pasar desapercibidos para persoas do entorno, xustifica a importancia do cribado visual ao longo do período escolar, que mediante a aplicación de protocolos validados para tal fin, permitiranos mellorar a visión e, en definitiva, a vida, e pode que o futuro, dos/as nenos/as”, sinalaron.

No eido desta actividade, que se ven desenvolvendo dende hai 3 anos a través do acordo establecido co Concello de Boiro e contando coa colaboración dos colexios públicos do Concello, realizouse cribado visual a un promedio anual de 250 nenos/as de 7 e 8 anos. “Os resultados amosan que sobre o 25% dos nenos/as non pasan o cribado, e precisan dun exame visual completo, que pode tamén ser realizado no SO da USC”, afirmou a decana

O Concello de Boiro destina 60.000 euros anuais para levar á práctica o Proxecto EnClave, definido como “un programa innovador que busca atallar as principais problemáticas que se detectan nos centros de ensino”. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación de todos os axentes implicados neste proxecto e en todas as actividades que se desenvolven no marco do proxecto “que ten como finalidade a redución significativa dos casos de acoso escolar, unha maior conciencia e sensibilización sobre a importancia da saúde mental e conseguir un alumnado máis apoderado emocionalmente, capaz de xestionar as súas emocións e resolver conflitos de maneira pacífica”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas