O Concello de Boiro vén de levar a cabo unha actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT) que supón unha modificación das funcións e un incremento salarial que ascende a 1.018.313 euros para todos os empregados municipais. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Persoal, María Outeiral, falaron máis polo miúdo sobre […] O Concello de Boiro vén de levar a cabo unha actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT) que supón unha modificación das funcións e un incremento salarial que ascende a 1.018.313 euros para todos os empregados municipais. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Persoal, María Outeiral, falaron máis polo miúdo sobre

O Concello de Boiro vén de levar a cabo unha actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT) que supón unha modificación das funcións e un incremento salarial que ascende a 1.018.313 euros para todos os empregados municipais. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Persoal, María Outeiral, falaron máis polo miúdo sobre o documento este 29 de abril.
Segundo lembraron, a última actualización da RPT do Concello de Boiro levouse a cabo no ano 2006 e “aínda que había unha aprobada do ano 2018, non se engadira ningunha actualización”. Nestes anos, ademais dos cambios que se foron producindo nos distintos postos de traballo como a normativa da Administración Electrónica, tamén entrou en vigor o Estatuto Básico de Empregado Público… o que se debía reflectir nun novo documento.
“O texto proposto é o resultado de meses de negociación e traballo con todos os departamentos municipais. Realizáronse ata 7 mesas de negociación e o documento final foi aprobado por un 78% dos votos emitidos na asemblea xeral dos traballadores”, afirmou o alcalde.
Ademais dunha actualización dos organigramas e as funcións para adaptalas á realidade actual dos departamentos na actualidade, esta modificación da RPT leva consigo unha actualización dos salarios dos traballadores e traballadoras municipais, un incremento que supón máis dun millón de euros no seu conxunto.
“Esta actualización da RPT é o resultado dun traballo realizado entre o departamento de persoal e gracias ás aportacións realizadas nas distintas xuntanzas mantidas cos departamentos municipais e que actualiza as funcións pero tamén as retribucións”, recoñeceu a concelleira.
A proposta de actualización da RPT será levada ao pleno ordinario do vindeiro mércores para o seu debate e aprobación inicial. “Na primeira lexislatura levamos a cabo a consolidación de emprego e agora levamos ao Pleno a aprobación dunha nova RPT que levaba case 20 anos sen actualizarse, deste xeito cumprimos cos traballadores públicos. Esta actualización representa un incremento nas arcas municipais o que agardamos redunde nun mellor servizo á veciñanza”, afirmou o alcalde.
Barbanza-Arousa | O Barbanza