O Concello de Boiro reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero de forma conxunta coas entidades sociais que traballan para erradicar a violencia contra as mulleres. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, participaron na mañá deste luns (25N) no acto institucional que rematou unha […] O Concello de Boiro reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero de forma conxunta coas entidades sociais que traballan para erradicar a violencia contra as mulleres. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, participaron na mañá deste luns (25N) no acto institucional que rematou unha
O Concello de Boiro reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero de forma conxunta coas entidades sociais que traballan para erradicar a violencia contra as mulleres. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, participaron na mañá deste luns (25N) no acto institucional que rematou unha performance da asociación Ambar.
Coa lectura do manifesto institucional o Concello de Boiro reafirmou o seu compromiso firme e decidido na loita contra todas as formas de violencia de xénero; recoñecendo, que aínda queda moito por facer e para erradicar a lacra social que afecta a mulleres e tamén aos seus fillos e fillas. “Debemos denunciar e actuar ante calquera manifestación de violencia machista; especialmente no eido educativo, na xuventude e na terceira idade”, sinalouse no manifesto, lembrándose que en España, no que levamos de ano 41 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas. A última este fin de semana. 1.286 dende o ano 2023. “A pesar dos esforzos realizados, a violencia machista segue presente na nosa sociedade manifestándose de diversas formas: asasinato, violencia física, psicolóxica, sexual ou económica”, apuntou o manifesto.
O grupo de artes escénicas da Asociación Ambar interpretou a peza As paisaxes de Camille, unha acción artística sobre a loita cotra a violencia de xénero. “As alianzas con con entidades como Ambar e Amicos, que traballan durante todo o ano con accións para erradicar a violencia de xénero, son fundamentais para seguir traballando a prol de obxectivos comúns como é a igualdade en todos os eidos”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.
Para dar continuidade á programación do mes de novembro, este venres terá lugar a charla “beneficios do adestramento de forza para a prevención de enfermidades”, impartida polo técnico de servizos de estilos de vida saudables da Consellería de Sanidade, Orlando Blanco Iglesias, no marco do programa Muller e Saúde que desenvolve o Concello de Boiro.
Barbanza-Arousa | O Barbanza