Fomentar o hábito da lectura na xente máis nova é o obxectivo da subvención que vén de recibir o Concello de Boiro por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A contía da axuda ascende a 1.604,92 euros, encamiñados á programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de […] Fomentar o hábito da lectura na xente máis nova é o obxectivo da subvención que vén de recibir o Concello de Boiro por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A contía da axuda ascende a 1.604,92 euros, encamiñados á programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de

Fomentar o hábito da lectura na xente máis nova é o obxectivo da subvención que vén de recibir o Concello de Boiro por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A contía da axuda ascende a 1.604,92 euros, encamiñados á programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Cómpre sinalar que Boiro conta con dúas bibliotecas integradas na dita Rede: a Axencia de Lectura Municipal de Escarabote e a Biblioteca Pública Municipal de Boiro, instalada de xeito provisional no Centro Social de Boiro. Engadir que mediante esta subvención levaranse a cabo durante todo o ano actividades dentro do programa Ler conta moito, tales como contacontos e obradoiros para promover a lectura nas cativas e cativos da zona.
Barbanza-Arousa | O Barbanza