O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu de man do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, as chaves da Casa do Mar de Cabo de Cruz logo de que o edificio quedase adscrito ao Concello de Boiro para uso por parte da veciñanza. A Administración local de Boiro mercou o edificio da Casa […] O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu de man do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, as chaves da Casa do Mar de Cabo de Cruz logo de que o edificio quedase adscrito ao Concello de Boiro para uso por parte da veciñanza. A Administración local de Boiro mercou o edificio da Casa
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu de man do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, as chaves da Casa do Mar de Cabo de Cruz logo de que o edificio quedase adscrito ao Concello de Boiro para uso por parte da veciñanza.
A Administración local de Boiro mercou o edificio da Casa do Mar de Cabo de Cruz e no 1986 cedeuno ao Instituto Social da Marina (ISM) por un período de 30 anos. O último uso que tivo o inmóbel foi o de consultorio e, na actualidade, atópase sen actividade e nun estado de degradación.
O obxectivo desta adscrición é “recuperar a actividade e que o edificio poida estar novamente a disposición da veciñanza para o seu uso e desfrute”, lembrou o rexedor, engadindo que está previsto que se leve a cabo unha rehabilitación do inmóbel para actividades socioculturais, Club de Xubilados, reunións de asociacións locais e actividades formativas durante un período de 20 anos.
O alcalde, José Ramón Romero, mostroulle ao delegado do Goberno o inmoble e explicoulle cal será o destino de cada un dos espazos logo da rehabilitación do edificio: “O obxectivo é que este volva ser un centro de referencia en Cabo de Cruz pois sempre estivo moi vinculado ao mar e á xente do mar e queremos que así siga sendo e que estea a disposición da veciñanza”.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo a cesión da Casa do Mar de Cabo de Cruz como “exemplo do compromiso do Goberno cos concellos” e “coa mellora dos servizos á cidadanía” e que foi posíbel grazas ao cambio legal que fixo o Goberno en materia de adscricións: “Con estes cambios facemos realidade que o que é de todos poida ser gozado por todos e que aquelas administración que queren poñer en valor este tipo de inmóbeis poidan facelo en beneficio da poboación”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza