O Concello de Boiro reparte 4.600 euros en premios no Concurso de Disfraces e Carrozas do martes de Entroido

O Concello de Boiro celebrou este martes de Entroido, 4 de marzo, unha nova edición do seu tradicional Concurso de Disfraces e Carrozas, no que se repartiron 4.600 euros nos premios das distintas categorías. O tenente de alcalde, Luis Ruiz, a concelleira de cultura, Maria Outeiral, e as representantes de AC Pedra da Aroña, Marise […] O Concello de Boiro celebrou este martes de Entroido, 4 de marzo, unha nova edición do seu tradicional Concurso de Disfraces e Carrozas, no que se repartiron 4.600 euros nos premios das distintas categorías. O tenente de alcalde, Luis Ruiz, a concelleira de cultura, Maria Outeiral, e as representantes de AC Pedra da Aroña, Marise  

O Concello de Boiro celebrou este martes de Entroido, 4 de marzo, unha nova edición do seu tradicional Concurso de Disfraces e Carrozas, no que se repartiron 4.600 euros nos premios das distintas categorías. O tenente de alcalde, Luis Ruiz, a concelleira de cultura, Maria Outeiral, e as representantes de AC Pedra da Aroña, Marise Muñiz e da AECC, Marisa Lojo, foron as/os encargadas/os de entregar as distincións.

Na categoría individual/parellas o gañador, cun importe de 300 euros foi O Minotauro; o segundo premio, valorado en 200 euros foi para Os Gamusinos; o terceiro premios, de 150 euros levouno O Furbi Remolón; e o cuarto premio, dun importe de 100 euros foi para A colmea e a reina.

Na categoría de grupos o disfrace gañador que levou un premio de 600 euros, foi Cine Avenida; o segundo, cun premio de 300 euros, foi Canguritos Park; o terceiro, con 250 euros, levouno Circo Xirarei; e o cuarto, dun importe de 200 euros, Saqueadores nórdicos.

En carrozas o primeiro premio, dun importe de 1.200 euros, foi para Unha viaxe no tempo; o segundo, de 800 euros, para As galaicas en Rio; e o terceiro, de 500 euros, para Aquelarre Valquiria.

O desfile contou tamén con animación musical de Batucada Cadabatú, As da Boine, A Dorniña de Abanqueiro e a festa do Martes de Entroido continuou logo da entrega de premios na Praza de Galicia co espectáculo de DJ Matrek.

A información dos premiados e as indicacións para o cobro dos premios estará dispoñíbel na web municipal.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas