O Concello de Boiro retoma o programa “Un café co alcalde” de encontros veciñais nas parroquias

O Concello de Boiro retoma neste mes de marzo a actividade de participación veciñal nomeada Un café co alcalde de encontros coa veciñanza de cada parroquia e atender as súas demandas e necesidades. A primeira desta rolda de xuntanzas veciñais será este xoves día 12 de marzo ás 20.00 horas en Moimenta, na casa dos […] O Concello de Boiro retoma neste mes de marzo a actividade de participación veciñal nomeada Un café co alcalde de encontros coa veciñanza de cada parroquia e atender as súas demandas e necesidades. A primeira desta rolda de xuntanzas veciñais será este xoves día 12 de marzo ás 20.00 horas en Moimenta, na casa dos  

José Ramón Romero, alcalde de Boiro

O Concello de Boiro retoma neste mes de marzo a actividade de participación veciñal nomeada Un café co alcalde de encontros coa veciñanza de cada parroquia e atender as súas demandas e necesidades. A primeira desta rolda de xuntanzas veciñais será este xoves día 12 de marzo ás 20.00 horas en Moimenta, na casa dos veciños.

Está previsto que se fagan dúas xuntanzas por mes para poder visitar todas as parroquias antes do verán. A finalidade destas xuntanzas, que xa se realizaron con anterioridade, é “que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo”, segundo confirmou o Concello, engadindo que con “estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Consistorio”.

Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas