O Concello de Rianxo estende a Paradela e A Igrexa (Taragoña) os traballos de renovación da rede viaria

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Obras, segue adiante nestes mediados de abril coa execución de melloras na rede viaria municipal que redunden nunha optimización da mobilidade e da seguridade para condutores e viandantes. A día hoxe, a brigada municipal está a traballar na renovación do firme de diferentes pistas no núcleo […] O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Obras, segue adiante nestes mediados de abril coa execución de melloras na rede viaria municipal que redunden nunha optimización da mobilidade e da seguridade para condutores e viandantes. A día hoxe, a brigada municipal está a traballar na renovación do firme de diferentes pistas no núcleo  

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Obras, segue adiante nestes mediados de abril coa execución de melloras na rede viaria municipal que redunden nunha optimización da mobilidade e da seguridade para condutores e viandantes. A día hoxe, a brigada municipal está a traballar na renovación do firme de diferentes pistas no núcleo de Paradela e da Igrexa (Taragoña).

As actuacións enmárcanse no Plan de Mantemento de Viais Muncipais elaborado polo executivo de Julián Bustelo para o año 2025.

Aos devanditos traballos levados a cabo en Taragoña cómpre engadir que a través do Servizo de Obras traballouse esta tempada na renovación do firme de diferentes pistas no núcleo de Asadelos (Asados), así como no acceso ao núcleo de Somoza (Asados), onde tamén se instalaron tubaxes para mellorar a canalización das augas pluviais.

Ademais, renovouse o firme na Casilla (Araño), ao que se suman as obras desenvolvidas nestes últimos meses (dende decembro) para instalar a rede de abastecemento de auga en toda a aldea.

Sinalar tamén que o Goberno local incorporou catro traballadores para reforzar o Servizo de Obras: un condutor, un oficial albanel, un peón de albanelería e un peón de aglomerado. Foron contratados a tempo completo e durante seis meses grazas ao programa PEL – Concellos da Deputación.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas