O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, co-financiada pola Unión Europea, para a posta en funcionamento dun Servizo de Atención Temperá no municipio. A subvención é de 290.000 euros. Fontes do Goberno local de Julián Bustelo explicaron que se trata dun servizo dirixido á poboación infantil […] O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, co-financiada pola Unión Europea, para a posta en funcionamento dun Servizo de Atención Temperá no municipio. A subvención é de 290.000 euros. Fontes do Goberno local de Julián Bustelo explicaron que se trata dun servizo dirixido á poboación infantil
O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, co-financiada pola Unión Europea, para a posta en funcionamento dun Servizo de Atención Temperá no municipio. A subvención é de 290.000 euros.
Fontes do Goberno local de Julián Bustelo explicaron que se trata dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás familias e aos entornos máis próximos das e dos escolares. Búscase “dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento coa finalidade de facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal”.
E palabras do rexedor, “con este novo servizo seguimos ampliando e fortalecendo os nosos servizos sociais e poñemos o foco tamén nas necesidades dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento”. O alcalde lembrou tamén que o programa estará integrado por tres áreas de atención que contarán con profesionais especialistas en logopedia, psicopedagoxía e terapia.
Informar tamén que o Goberno municipal convoca ás persoas interesadas no funcionamento do futuro servizo para comentar calquera cuestión relativa ao mesmo o vindeiro xoves 31 de outubro no Auditorio de Rianxo.
Barbanza-Arousa | O Barbanza