O Concello de Ribeira acomete a limpeza das fontes e lavadoiros do municipio

A fonte da Aldea e o lavadoiro de Bretal foron obxecto de actuacións de acondicionamento nos últimos días. O Concello de Ribeira está a levar a cabo traballos de limpeza e mantemento das fontes e lavadoiros do municipio co obxectivo de garantir a salubridade destes espazos, que aínda hoxe continúan a ser utilizados pola veciñanza. […] A fonte da Aldea e o lavadoiro de Bretal foron obxecto de actuacións de acondicionamento nos últimos días. O Concello de Ribeira está a levar a cabo traballos de limpeza e mantemento das fontes e lavadoiros do municipio co obxectivo de garantir a salubridade destes espazos, que aínda hoxe continúan a ser utilizados pola veciñanza.  

O Concello de Ribeira está a levar a cabo traballos de limpeza e mantemento das fontes e lavadoiros do municipio co obxectivo de garantir a salubridade destes espazos, que aínda hoxe continúan a ser utilizados pola veciñanza. Trátase tamén dunha actuación encadrada na conservación do patrimonio municipal, xa que estes elementos constitúen vestixios históricos que no pasado foron puntos de encontro e servizo para a cidadanía.

Segundo explicou a alcaldesa, María Sampedro, a intervención responde tanto a criterios de conservación como de seguridade. “Decidimos actuar neste momento porque son zonas con presenza de auga e, pola época do ano na que nos atopamos, era necesario evitar riscos, especialmente para impedir que as escaleiras e o chan da contorna se volvan esvaradíos”, sinalou.

Nos últimos días, os traballadores municipais actuaron na fonte da Aldea e no lavadoiro de Bretal, dando así continuidade á folla de ruta prevista polo Concello para estender estas actuacións ao conxunto do municipio.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas