O Concello de Ribeira adxudicou a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, para así crear un espazo de ocio infantil que, segundo informou o Goberno local, “dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia”. As obras consistirán na retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis […]
O artigo O Concello de Ribeira adxudica a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Ribeira adxudicou a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, para así crear un espazo de ocio infantil que, segundo informou o Goberno local, “dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia”. As obras consistirán na retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis
O artigo O Concello de Ribeira adxudica a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño publicouse primeiro en O Barbanza.
O Concello de Ribeira adxudicou a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, para así crear un espazo de ocio infantil que, segundo informou o Goberno local, “dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia”.
As obras consistirán na retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis ampla, na que se colocará un equipo combinado con capacidade para uns 36 nenos e nenas (dotado de tobogán, plataformas e zonas de rube), unha randeeira dobre, dous peiraos con figuras de animais e un balancín tipo carrusel.
O Concello informou a maiores que a contorna de lecer dotarase de pavimento de caucho continuo e manterase o valado perimetral actual ao ser colocado recentemente.

Os traballos terán un prazo de execución de tres meses. O orzamento de licitación situouse nos 103.253,52 euros, con IVE incluído. A empresa Urbanismo Técnico Sostenible, S.L. resultou a adxudicataria por contar coa mellor oferta das doce que concorreron ao proceso. O prezo final do contrato é de 86.887,84 euros, con impostos, dentro do POS+2025.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
