O Concello de Ribeira, no compromiso da mellora e mantemento das infraestruturas públicas nas parroquias, adxudicou dúas novas actuacións nas rúas Praia da Ribeira e Luís Seoane en Aguiño. “O obxecto é garantir a accesibilidade destas vías”, segundo comentou o rexedor Luís Pérez, engadindo que estes traballos inclúen a renovación dos pavimentos e a aplicación […] O Concello de Ribeira, no compromiso da mellora e mantemento das infraestruturas públicas nas parroquias, adxudicou dúas novas actuacións nas rúas Praia da Ribeira e Luís Seoane en Aguiño. “O obxecto é garantir a accesibilidade destas vías”, segundo comentou o rexedor Luís Pérez, engadindo que estes traballos inclúen a renovación dos pavimentos e a aplicación
O Concello de Ribeira, no compromiso da mellora e mantemento das infraestruturas públicas nas parroquias, adxudicou dúas novas actuacións nas rúas Praia da Ribeira e Luís Seoane en Aguiño. “O obxecto é garantir a accesibilidade destas vías”, segundo comentou o rexedor Luís Pérez, engadindo que estes traballos inclúen a renovación dos pavimentos e a aplicación dunha nova capa de aglomerado na calzada. Ademais, “aproveitarase para plantar algunhas árbores”, explicou o rexedor, engadindo que “alén destas obras, na parroquia de Aguiño xa temos actuado mellorando o firme do porto e tamén farase na rúa Francisco Lorenzo Mariño”. Apuntou que en canto a servizos básicos en breve licitarase a renovación do abastecemento de auga na rúa da Cerca e xa se fixo unha mellora da liña de abastecemento xeral valorada en 133.000€ que permitirá ter maior presión e evitar cortes no subministro.
Por último o rexedor tamén informou de que se avanza na materialización da sede do Club de Remo, unha actuación valorada en cerca de 1,2 millóns de euros.
Para a rúa Luís Seoane o prazo de duración é de cinco meses e para a rúa Praia da Ribeira de 4 meses. O orzamento total de licitación de Luís Seoaneascende a 103.000 euros e para Praia da Ribeira un total de 86.000 euros e a empresa encargada de realizar as actuacións será Tamara Fernández Pérez no marco do POS+ 2022.
Barbanza-Arousa | O Barbanza