O Concello de Ribeira renova o chan da aula de cociña do Mercado Municipal

O Concello de Ribeira continúa mellorando as prestacións da praza de abastos para ofrecer unhas instalacións óptimas ás persoas usuarias e dar un paso máis de cara a acadar o selo de Mercados Excelentes. A nova intervención céntrase no subministro e colocación de 85 metros cadrados de tarima vinílica e zócalo por un total de […]
O artigo O Concello de Ribeira renova o chan da aula de cociña do Mercado Municipal publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Ribeira continúa mellorando as prestacións da praza de abastos para ofrecer unhas instalacións óptimas ás persoas usuarias e dar un paso máis de cara a acadar o selo de Mercados Excelentes. A nova intervención céntrase no subministro e colocación de 85 metros cadrados de tarima vinílica e zócalo por un total de
O artigo O Concello de Ribeira renova o chan da aula de cociña do Mercado Municipal publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Ribeira continúa mellorando as prestacións da praza de abastos para ofrecer unhas instalacións óptimas ás persoas usuarias e dar un paso máis de cara a acadar o selo de Mercados Excelentes. A nova intervención céntrase no subministro e colocación de 85 metros cadrados de tarima vinílica e zócalo por un total de 8.094,90 euros, IVE incluído, da man da empresa Fogar Barbanza S.L.U. Revístese así a tarima de madeira existente no primeiro andar do Mercado Municipal por este novo material nun espazo destinado aos cursos de cociña do Programa Integrado de Emprego (PIE) e outras accións puntuais que requiren o uso dos fogóns.

“Esta medida mellora as condicións de sanidade e seguridade da aula no momento de cociñar ao ser unha tarima fácil de limpar e antiesvaradío. Ademais, co novo material, tamén reduce a acústica cando se fai uso deste lugar”, explica o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas