O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este mércores 5 de agosto a Illa de Sálvora para coñecer de primeira man as súas necesidades en materia de patrimonio e valorar posíbeis actuacións neste Ben de Interese Cultural, pertencente ao concello coruñés de Ribeira. Acudiu á illa acompañado (entre outras/os) pola alcaldesa […]
O artigo O conselleiro de Cultura coñeceu de primeira man as necesidades de Sálvora en materia de conservación do patrimonio publicouse primeiro en O Barbanza. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este mércores 5 de agosto a Illa de Sálvora para coñecer de primeira man as súas necesidades en materia de patrimonio e valorar posíbeis actuacións neste Ben de Interese Cultural, pertencente ao concello coruñés de Ribeira. Acudiu á illa acompañado (entre outras/os) pola alcaldesa
O artigo O conselleiro de Cultura coñeceu de primeira man as necesidades de Sálvora en materia de conservación do patrimonio publicouse primeiro en O Barbanza.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este mércores 5 de agosto a Illa de Sálvora para coñecer de primeira man as súas necesidades en materia de patrimonio e valorar posíbeis actuacións neste Ben de Interese Cultural, pertencente ao concello coruñés de Ribeira. Acudiu á illa acompañado (entre outras/os) pola alcaldesa María Sampedro.

O conelleiro fixo este percorrido pola illa, que xunto coas de Vionta, Noro e Sagres integran o primeiro espazo destas características que foi considerado BIC en Galicia pola súa importancia cultural, e que forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Por estes motivos, considerou necesario facer un seguimento constante do seu estado patrimonial, na liña do compromiso do Goberno galego coa conservación e posta en valor dos seus bens máis senlleiros.
O conselleiro visitou (entre outros enclaves) a aldea de Sálvora, o pazo e máis o faro. Lembrar que o faro foi obxectivo dunhas obras recentes impulsadas pola Xunta destinadas a dotalo dun uso complementario ao existente (sinal marítimo), obras que incluíron a posta en valor da súa estrutura.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
