O Consello da Cultura Galega estrea o podcast “Castelao a carón de nós”

O Consello da Cultura Galega estrea un documental sonoro en tres episodios sobre a vida e obra de Castelao na súa nova plataforma de podcast, Ágora. Castelao a carón de nós é o primeiro título dunha serie de producións en formato de programa radiofónico en liña coas que o CCG quere incrementar a oferta sonora […] O Consello da Cultura Galega estrea un documental sonoro en tres episodios sobre a vida e obra de Castelao na súa nova plataforma de podcast, Ágora. Castelao a carón de nós é o primeiro título dunha serie de producións en formato de programa radiofónico en liña coas que o CCG quere incrementar a oferta sonora  

O Consello da Cultura Galega estrea un documental sonoro en tres episodios sobre a vida e obra de Castelao na súa nova plataforma de podcast, Ágora. Castelao a carón de nós é o primeiro título dunha serie de producións en formato de programa radiofónico en liña coas que o CCG quere incrementar a oferta sonora de calidade en lingua galega na Rede. Os programas céntranse na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo coas celebracións do 75 cabodano do seu pasamento, “nunha oportunidade para escoitar as voces expertas sobre a obra literaria e gráfica do autor”, sinala o CCG, engadindo que o documental está producido por Arraianos Producións.

Castelao a carón de nós consta de tres capítulos de trinta minutos cada un no que diferentes voces actuais achegan unha nova lectura sobre a vida e obra de Castelao. O director do documental, o xornalista Aser Álvarez, agarda que o podcast sirva como un xeito amábel de facer chegar o legado do autor a novos públicos. “Queremos enfocar a divulgación da súa obra dende un punto de vista contemporáneo, baixar ao escritor do pedestal de figura mítica intocábel e achegarnos á xente nova e oíntes que non son lectores habituais”.

O podcast percorre as etapas da vida de Castelao dende a súa nenez e adolescencia, ata o seu anos de exilio na Arxentina, pasando pola súa faceta de compromiso político. Está dividido en episodios de ao redor de 30 minutos. O formato conta coa música de Moisés Quintas e un deseño sonoro inmersivo, que evoca os territorios e espazos que habitou o rianxeiro. Conta ademais con fragmentos da súa obra e voces plurais que achegan diferentes pinceladas sobre a súa persoa, relacións e obra literaria e pictórica. Participan no documental Paula Carballeira, Marilar Aleixandre, Miguel Anxo Seixas, Henrique Monteagudo, Núñez Seixas, Siro López, Ángeles Tilve e Noni Araújo.

Ágora é a nova plataforma de difusión de podcasts do Consello da Cultura Galega. Nela reúnense producións sonoras específicas canda unha escolma de conferencias impartidas no CCG de temática diversa e que permiten coñecer unha diversidade de temas da man de expertos que participaron en xornadas e congresos da institución.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas