Este venres 29 de novembro presentouse no Conservatorio Profesional Municipal de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) o II Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol, coa presenza concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, xunto a Anxela Vidal, profesora do Conservatorio Musical de Música de Ribeira e promotora deste seminario. Cruz Rivadulla informou que “este é o […] Este venres 29 de novembro presentouse no Conservatorio Profesional Municipal de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) o II Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol, coa presenza concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, xunto a Anxela Vidal, profesora do Conservatorio Musical de Música de Ribeira e promotora deste seminario. Cruz Rivadulla informou que “este é o
Este venres 29 de novembro presentouse no Conservatorio Profesional Municipal de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) o II Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol, coa presenza concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, xunto a Anxela Vidal, profesora do Conservatorio Musical de Música de Ribeira e promotora deste seminario.
Cruz Rivadulla informou que “este é o primeiro dos 3 seminarios, un por trimestre”, e “que rematarán con cadanseu pequeno concerto polas igrexas do municipio”.
Anxela Vidal, que organiza estes encontros dende o departamento de instrumentosantigos do Conservatorio Municipal, puxo en valor a gaita na música antiga, “a gaita de fol é un instrumento que normalmente o asociamos á música tradicional e popular; sobre todo na nosa terra, pero neste caso, neste contexto, queremos tratalo coma un instrumento erudito da música culta porque realmente ten un transcurso histórico moi grande que comeza dende aIdade Media e que realmente ten un repertorio que socialmente é descoñecido, entón pareceunos importante impulsar o recoñecemento deste repertorio” . Engadiu que esta actividade formativa “non só está enfocada a xente que só toque instrumentos da música antiga, senón que tamén é unha boa opción para persoas que tocando instrumentos modernos, como o piano, o clarinete ou o saxo; se queiran adentrar en repertorio histórico” finalizou.
O seminario está integrado dentro dun proxecto de recuperación da gaita defol para a música de cámara e centrarase no repertorio composto antes de 1800.
O profesor titular será Paulo Gonçalves, especialista de música antiga de Galicia. O seminario desenvolverase do 30 novembro ata o 1 decembro e terá tres modalidades, unha activa para persoas do centro, para as persoas que queren asistir ao curso tocando; outra activa para persoas externas ao centro e a modalidade oínte, aberta para tódalas persoas, sexa músicos ou non.
Barbanza-Arousa | O Barbanza