O dúo En Voz Baixa ofrecerá un concerto solidario en beneficio da Fundación Aladina

O Concello da Pobra do Caramiñal e a asociación Amas de Casa Consumidores e U. Caramiñas organizan o vindeiro 28 de marzo un concerto solidario a cargo do dúo En Voz Baixa, que terá lugar ás 20.30 horas no Cine Teatro Elma. Trátase dunha proposta musical en formato íntimo, caracterizada por un repertorio variado interpretado […]
O artigo O dúo En Voz Baixa ofrecerá un concerto solidario en beneficio da Fundación Aladina publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello da Pobra do Caramiñal e a asociación Amas de Casa Consumidores e U. Caramiñas organizan o vindeiro 28 de marzo un concerto solidario a cargo do dúo En Voz Baixa, que terá lugar ás 20.30 horas no Cine Teatro Elma. Trátase dunha proposta musical en formato íntimo, caracterizada por un repertorio variado interpretado
O artigo O dúo En Voz Baixa ofrecerá un concerto solidario en beneficio da Fundación Aladina publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello da Pobra do Caramiñal e a asociación Amas de Casa Consumidores e U. Caramiñas organizan o vindeiro 28 de marzo un concerto solidario a cargo do dúo En Voz Baixa, que terá lugar ás 20.30 horas no Cine Teatro Elma.

Trátase dunha proposta musical en formato íntimo, caracterizada por un repertorio variado interpretado en directo. O dúo destaca por ofrecer experiencias acústicas próximas e acolledoras, nas que o público “poderá gozar da música dun xeito persoal e emotivo, consciente de que está a apoiar unha boa causa”, explicou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, durante a presentación.

E é que a recadación do evento destinarase á Fundación Aladina, unha entidade cuxa labor social está baseada no benestar dos nenos e nenas con cancro e as súas familias.

Lojo animou á veciñanza a participar neste evento, “que combina cultura e solidariedade a partes iguais e contribúe a unha causa de gran importancia social”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas