O pasado xoves 10 de abril ás 20.30 horas, celebrouse unha nova edición de Fálame Sempre, o encontro anual organizado pola patronal de Boiro (ABE) no que se explora a creatividade como ferramenta de innovación e crecemento empresarial. O evento, que chegou xa á súa 11ª edición, mantivo o seu dinámico formato Pecha Kucha, no […] O pasado xoves 10 de abril ás 20.30 horas, celebrouse unha nova edición de Fálame Sempre, o encontro anual organizado pola patronal de Boiro (ABE) no que se explora a creatividade como ferramenta de innovación e crecemento empresarial. O evento, que chegou xa á súa 11ª edición, mantivo o seu dinámico formato Pecha Kucha, no
O pasado xoves 10 de abril ás 20.30 horas, celebrouse unha nova edición de Fálame Sempre, o encontro anual organizado pola patronal de Boiro (ABE) no que se explora a creatividade como ferramenta de innovación e crecemento empresarial. O evento, que chegou xa á súa 11ª edición, mantivo o seu dinámico formato Pecha Kucha, no que cada participante dispón de menos de sete minutos para compartir a súa experiencia e ideas.

O evento desbordou toda as previsións, e máis de 110 persoas asistiron ao encontro, o que confirma, en palabras da ABE, “o interese e apoio crecente desta iniciativa”. A benvida correu a cargo de Daniel García, presidente de ABE, quen destacou: “Fálame Sempre é xa unha cita consolidada grazas ao apoio constante de quen cre na forza das ideas e da colaboración entre empresas. Dende ABE levamos 11 edicións impulsando este espazo para compartir, inspirarse e facer comunidade”.
O evento foi presentado por Alberto García, técnico de Cultura do Concello de Boiro, quen introduciu o acto en clave distendida e mantivo unha breve conversa con Suso Santamaría, propietario da Pousada da Galiza Imaxinaria, quen recentemente acadou notoriedade nas redes sociais por unha divertida aparición no programa de TVE La Revuelta. O seu carisma e sentido do humor arrancaron risas e aplausos do público, axudando a crear un ambiente distendido e próximo.

A participación da primeira convidada da noite, Yoli Suárez, realizouse a través dunha gravación en vídeo, xa que se atopa actualmente traballando no programa La Revuelta de TVE. Ademais, conseguiuse facer unha conexión en directo durante o evento, permitindo ao público escoitala en tempo real, o que, segundo informou a organización, “engadiulle un punto de emoción e sorpresa á sesión”.
Durante o evento, produciuse unha pequena modificación no programa: Xoán Silva (A Goleta) non puido asistir por motivos persoais. En substitución, o presentador improvisou unha pequena entrevista con José García Sánchez, empresario de longa traxectoria en Boiro, propietario dunha aseguradora e inmobiliaria, e con experiencia en múltiples negocios ao longo da súa vida. José compartiu unha anécdota na que contou como mesmo o día da súa voda tivo que ausentarse da mesma a petición dun asegurado que tivera un pequeno accidente co coche, o que é, un reflexo da entrega e paixón polo emprendemento que marcou a súa carreira.

Empresas participantes
Nesta edición, contouse coa presenza de cinco proxectos que compartiron o seu enfoque sobre a creatividade e a innovación nos seus respectivos sectores:
· Yoli Suárez – Profesional da produción audiovisual, actualmente traballa como axudante de produción no programa de TVE La Revuelta. Con ampla experiencia no sector cultural, especialízase na organización de eventos, xestión de proxectos audiovisuais e coordinación de equipos creativos.
· Luisa Bravo – LB Equipo Estético. Un equipo de profesionais da estética avanzada que aposta pola innovación en técnicas de coidado persoal e benestar. A súa filosofía baséase en tratamentos personalizados e tecnoloxía de vangarda para ofrecer resultados adaptados a cada cliente.
· Eva Guzmán / Fernando Rodríguez – O Secadeiro. Restaurante situado en Outes, especializado en gastronomía tradicional galega con toques de innovación. A súa proposta céntrase en produtos de proximidade, potenciando os sabores autóctonos e reinterpretando receitas clásicas con técnicas actuais.
· Antón Fonseca – Terras Gauda. Unha das adegas máis recoñecidas de Galicia, pioneira en innovación vitivinícola e desenvolvemento de novos produtos. A súa aposta pola investigación e o uso de técnicas avanzadas de viticultura permitiulle posicionarse como un referente no sector a nivel internacional.

Un evento consolidado no ecosistema empresarial
A ABE lembra que ao longo das súas dez edicións anteriores Fálame Sempre “converteuse nun referente para profesionais e emprendedores xa que o seu formato áxil e inspirador facilita a conexión entre diferentes sectores e fomenta o intercambio de ideas”.
O acto pechouse coa intervención do alcalde de Boiro, quen destacou: “Eventos coma este mostran o talento que temos no noso tecido empresarial e a importancia de darlle espazo á creatividade como motor de cambio e desenvolvemento local”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza