O encontro veciñal “Un café co alcalde” celebrarase o mércores día 25 na parroquia de Bealo

O Concello de Boiro continúa coa actividade de participación veciñal nomeada Un café co alcalde de encontros coa veciñanza de cada parroquia e atender as súas demandas e necesidades. A próxima cita desta rolda de xuntanzas veciñais será o vindeiro mércores 25 de marzo ás 20.00 horas en Bealo, na unitaria de Ponte Beluso. A […] O Concello de Boiro continúa coa actividade de participación veciñal nomeada Un café co alcalde de encontros coa veciñanza de cada parroquia e atender as súas demandas e necesidades. A próxima cita desta rolda de xuntanzas veciñais será o vindeiro mércores 25 de marzo ás 20.00 horas en Bealo, na unitaria de Ponte Beluso. A  

O Concello de Boiro continúa coa actividade de participación veciñal nomeada Un café co alcalde de encontros coa veciñanza de cada parroquia e atender as súas demandas e necesidades. A próxima cita desta rolda de xuntanzas veciñais será o vindeiro mércores 25 de marzo ás 20.00 horas en Bealo, na unitaria de Ponte Beluso.

A finalidade destas xuntanzas é que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Está previsto que se fagan dúas xuntanzas por mes para poder visitar todas as parroquias antes do verán.

Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas