Este 11 de abril vai brillar en Burgos o talento tecnolóxico da rapazada da Pobra, concretamente na final da FIRST LEGO League España. Alí estarán, logo dos seus éxitos na duodécima edición da First LEGO League Galicia, celebrada o pasado mes de marzo no Campus de Ferrol as e os integrantes do equipo Robot City […]
O artigo O equipo Robot City Pobra representa a Galicia na FIRST LEGO League España que se disputa este 11 de abril en Burgos publicouse primeiro en O Barbanza. Este 11 de abril vai brillar en Burgos o talento tecnolóxico da rapazada da Pobra, concretamente na final da FIRST LEGO League España. Alí estarán, logo dos seus éxitos na duodécima edición da First LEGO League Galicia, celebrada o pasado mes de marzo no Campus de Ferrol as e os integrantes do equipo Robot City
O artigo O equipo Robot City Pobra representa a Galicia na FIRST LEGO League España que se disputa este 11 de abril en Burgos publicouse primeiro en O Barbanza.

Este 11 de abril vai brillar en Burgos o talento tecnolóxico da rapazada da Pobra, concretamente na final da FIRST LEGO League España. Alí estarán, logo dos seus éxitos na duodécima edición da First LEGO League Galicia, celebrada o pasado mes de marzo no Campus de Ferrol as e os integrantes do equipo Robot City Pobra (pertencente á academia Academia Mega de Ribeira, que acadou no Campus de Ferrol o primeiro premio Ingenier@ Soy, o máximo recoñecemento do torneo). O grupo de novas e novos desenvolvedores (Elena, Sira, Bianca, Ari, Nico, Marcos e Pablo) da Pobra do Caramiñal representarán a Galicia na final de Burgos xunto con dous equipos de Narón e Vigo.
Segundo informan dende a academia, este venres ás 10.50 sairán da Pobra cara a Castela, logo de ser despedidos polo alcalde José Carlos Vidal.
Os seus adestradores en Mega (Alberto Cascallar e Raúl Sampedro) confirmaron que os rapaces acoden a Burgos “con moita ilusión, con moitas horas traballadas e con moito esforzo da súa parte”, xa que os apoios das administracións cos que contan son mínimos (todo o relacionado coa viaxe e co aloxamento tivo que ser asumido polas familias das e dos integrantes do equipo Robot City Pobra).
Na final estatal terán que poñer a proba as súas habilitades e coñecementos e materia de desenvolvemento de robots, completando até quince desafíos en dous minutos e medio (cada un). A finalidade é acadar a máxima cantidade de puntos.
O grupo de desenvolvedores Robot City Pobra non acode só ao evento deste sábado, faino acompañado do equipo H4CKZ4POS, de Gazapo Xestión (Narón, A Coruña), que logrou o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador; e máis do equipo Montecastelo BOT, do Colexio Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra), que logrou o Terceiro Premio Campus Industrial de Ferrol ao Gañador.
O evento será organizado pola Universidad de Burgos (UBU) no Fórum Evolución – Palacio de Congresos y Auditorio.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías limpas. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.
O desafío FIRST LEGO League en España
Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é unha realidade grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.
Como funciona a FIRST LEGO League?
Cada equipo achégase á temática anual deseñando e construíndo un robot que sexa quen de resolver os retos propostos. Ademais, a rapazada participante terá que investigar sobre esa temática e realizar un Proxecto de Innovación que propoña unha solución a un problema real. Os equipos documentarán o seu traballo e compartirán os seus achados. Ao longo da experiencia, cada un dos mozos e mozas deberá defender os Core Values fundamentais da FLL: o descubrimento, o traballo en equipo, a inclusión, o impacto, a diversión, a innovación e o gracious professionalism.
O desafío deste ano leva o nome de Unearthed e está inspirado no mundo da arqueoloxía. Nesta tempada, os e as participantes terán a oportunidade de explorar como os descubrimentos do pasado nos poden axudar a deseñar un futuro mellor. Deste xeito, os equipos terán que investigar sobre temas históricos desenterrando misterios do pasado mentres deseñan as tecnoloxías do futuro.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
