O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d’Aquí organizan unha nova edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia, que celebra a súa 11ª convocatoria cunha ampla programación composta por música, danza, teatro, cinema e literatura. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral […] O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d’Aquí organizan unha nova edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia, que celebra a súa 11ª convocatoria cunha ampla programación composta por música, danza, teatro, cinema e literatura. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d’Aquí organizan unha nova edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia, que celebra a súa 11ª convocatoria cunha ampla programación composta por música, danza, teatro, cinema e literatura. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua, así como dos concellos da Estrada e Ponteareas, a Fundación Rosalía de Castro e este ano tamén de Braga 25 Capital da Cultura de Portugal.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este luns 3 de febreiro na presentación da nova convocatoria, unha iniciativa que aposta por “reforzar os lazos entre o galego e mundo lusófono”, salientou. Celebrarase do 3 de febreiro ao 15 de marzo entre as localidades de Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.
Valentín García sinalou que unha das citas máis destacadas será o tributo a José Afonso e Rosalía de Castro, onde actuarán o grupo Canto D’Aquí acompañados polos artistas Amancio Prada e Uxía e que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro en Braga. Tamén puxo en valor a multitude de propostas deste festival que inclúe artistas como Ricardo Ribeiro, Artur Caldeira, Isabel Rei Sanmartín, Ana Sofía Carvalheada, José Moças, Daniel Pereira Cristo, Óscar Ibáñez ou a Banda Municipal de A Estrada, entre outros.
Como cada ano, este certame cultural programa unha serie de actividades arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro e de pasamento do cantautor portugués José Afonso, estreitando os lazos que unen Galicia e Portugal e evidenciando a súa semellanza entre as súas linguas e culturas
A programación, que reúne diferentes persoeiros do mundo cultural das dúas beiras do Miño, abriuse este luns 3 de febreiro coa actuación Fado em Portugal de Artur Caldeira no auditorio do conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela. O broche final a máis dun mes de programación será o 15 de marzo coa proposta musical Concerto fusão tradicional dos grupos Canto D‘Aquí e Rusga de San Vicente, no auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. As actividades, datas e localizacións, poden consultarse no Portal da Lingua Galega.
Promovido polo grupo Canto D’Aquí e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta, co apoio doutras institucións como a Fundación Rosalía de Castro, o obxectivo deste festival é dar cumprimento á Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.
Barbanza-Arousa | O Barbanza