O Festival Viladomar reafirma o seu compromiso co muralismo galego, a creación colectiva e a posta en valor do territorio

O Concello de Rianxo acolleu este xoves 3 de xullo a rolda de prensa de presentación da 6ª edición do Festival Viladomar,Máis alá dos muros, coa participación do alcalde Julián Bustelo Abuín; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o portavoz da organización e muralista, Novenoel (Noél Pérez) e a artista Xoana Almar, en […] O Concello de Rianxo acolleu este xoves 3 de xullo a rolda de prensa de presentación da 6ª edición do Festival Viladomar,Máis alá dos muros, coa participación do alcalde Julián Bustelo Abuín; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o portavoz da organización e muralista, Novenoel (Noél Pérez) e a artista Xoana Almar, en  

O Concello de Rianxo acolleu este xoves 3 de xullo a rolda de prensa de presentación da 6ª edición do Festival Viladomar,Máis alá dos muros, coa participación do alcalde Julián Bustelo Abuín; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o portavoz da organización e muralista, Novenoel (Noél Pérez) e a artista Xoana Almar, en representación dos e das participantes.

Segundo explicaron, a nova edición, que se desenvolve dende este 3 de xullo até o 13 deste mesmo mes, aposta unha vez máis por” activar o espazo público a través da arte e afondar no vínculo entre comunidade, creación artística e contorno rural e mariñeiro”.

Os catro murais desta edición están a ser realizados por artistas galegos e galegas cunha longa traxectoria, cunha forte conexión co territorio e linguaxes plásticas moi persoais.

Novenoel (Noel Pérez), portavoz do festival, destacou a colaboración entre Lúa Gándara e Xoana Almar, que interveñen xuntas nos muros do antigo Pazo unindo abstracción e figuración nun proxecto compartido. Pelucas Bubbles, con máis de 25 anos de experiencia e tras un longo período creativo en México, está a traballar na rúa Loureiros cunha peza de estilo surrealista e persoalísimo. Pola súa parte, Yoseba MP pinta en Asados, xunto á capela de Santa Lucía, cunha proposta que parte da documentación sobre a historia e o contexto da vila.

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, felicitou á organización por consolidar “un festival de altísima calidade artística e compromiso territorial”. Destacou tamén o papel de Rianxo como “epicentro cultural do Barbanza” e sinalou que “o muralismo é unha ferramenta de transformación social e tamén unha oportunidade para o desenvolvemento turístico sostíbel”.

Xoana Almar, artista participante do festival, agradeceu a oportunidade de experimentar artisticamente “con liberdade e coidado” e valorou especialmente o clima de convivencia entre artistas e comunidade. “Estamos a construír un espazo onde se respectan as relacións humanas e creativas, e iso é fundamental para o noso traballo”, afirmou.

Pola súa banda, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, puxo en valor o camiño percorrido polo festival desde 2018, sinalando que “os murais xa forman parte da paisaxe e do patrimonio rianxeiro”. Subliñou o orgullo da veciñanza polo proxecto e a implicación cada vez maior da comunidade local, “o muralismo xa é parte de Rianxo”.

A programación culminará o sábado 12 de xullo coa xornada Sons da vila, que inclúe roteiros teatralizados a cargo do grupo Airiños, obradoiros, proxeccións, música e un paseo en barco pola ría, e outras sorpresas, para celebrar esta nova edición de Viladomar.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas