O filme “Bravú XXX” recala este sábado en Boiro

Bravú XXX, o documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario deste movemento musical que reivindicaba as raíces galegas a través do rock e outros estilos, poderá verse este sábado 30 de novembro no Centro Social de Boiro, a partir das 19.30 horas. Nesta peza audiovisual o escritor e músico coruñés Xurxo Souto […] Bravú XXX, o documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario deste movemento musical que reivindicaba as raíces galegas a través do rock e outros estilos, poderá verse este sábado 30 de novembro no Centro Social de Boiro, a partir das 19.30 horas. Nesta peza audiovisual o escritor e músico coruñés Xurxo Souto  

Bravú XXX, o documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario deste movemento musical que reivindicaba as raíces galegas a través do rock e outros estilos, poderá verse este sábado 30 de novembro no Centro Social de Boiro, a partir das 19.30 horas.

Nesta peza audiovisual o escritor e músico coruñés Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento. Trátase, en palabras de Nós, dun road trip musical na que participan emblemas da música galega, como María Xosé Silvar ou Nuno Pico.

Ficha técnica: Filme documental. 50 minutos. Presentacións: Xurxo Souto. Produción executiva: Rosabel Candal, Diego Frey. Guión: Xurxo Souto, Ana Viqueira. Produción: Ana Viqueira, Rosabel Candal, Xurxo Souto. Dirección: Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez, Roi Barros. Realización e montaxe: Martín Rodríguez, Diego Frey. Fotografía: Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez, Pablo Kaufmann. Dron: Pio Cribeiro. Son directo e posprodución de audio: Eloy Táboas (TapeSons). Voz en off: Ana Lemos. Animación e creatividades: Roi Barros.

Xurxo Souto, un dos impulsores-colaboradores do documental, sinalou na presentación do mesmo que estamos ante “unha celebración da creatividade, pero da creatividade en colectivo, que é a clave de todo, a forma subversiva”. E engadía: “O filme é xa fermosísimo desde a forma, en clave total de modernidade, cun acabado extraordinario, con momentos absolutamente emocionantes”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas