O Concello de Boiro levou a cabo este curso 2023-24 o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III e na mañá deste venres 22 de novembro a dita actividade chegaba ao seu fin cun acto de clausura ao que asistía o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo. Indo […] O Concello de Boiro levou a cabo este curso 2023-24 o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III e na mañá deste venres 22 de novembro a dita actividade chegaba ao seu fin cun acto de clausura ao que asistía o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo. Indo
O Concello de Boiro levou a cabo este curso 2023-24 o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III e na mañá deste venres 22 de novembro a dita actividade chegaba ao seu fin cun acto de clausura ao que asistía o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo.
Indo ao obradoiro, dicir que participaron nel un total de 20 alumnos e alumnas divididos nas especialidades de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. “O sector forestal ten un gran potencial na nosa comarca e queremos apostar por el e por diversificar os sectores produtivos, por iso a formación neste ámbito é esencial para favorecer a empregabilidade”, afirmou o alcalde.
Indo á actividade formativa dicir que, durante os 12 meses que durou a formación, o alumnado recibiu formación teórica e tamén practica, ao desenvolver traballos para a prevención de incendios forestais en Monte Peón, Monte do Sino, zona verde dos castros de Neixón; tarefas de conservación da zona verde do Pazo de Goiáns, axardinamento das rotondas de acceso ao Polígono de Espiñeira, axardinamento e mellora paisaxística do Parque da Cachada ou acondicionamento do xardín da Praza de Galicia.
Pola súa banda, o concelleiro Roberto Lojo animou ao alumnado a continuar a súa formación e a súa carreira profesional neste eido: “Dende o Concello de Boiro poñemos á vosa disposición os recursos cos que contamos, como son as instalación do viveiro e o coworking, para que poidades comezar a desenvolver a vosa traxectoria profesional”.
Engadir que o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III-Boiro levouse a cabo mediante unha subvención de 531.046,20 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comunidade autónoma.
Barbanza-Arousa | O Barbanza