O Concello de Boiro vai celebrar os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha cita referente na materia a nivel peninsular e que por primeira vez se celebra no Pazo de Goiáns. A concelleira de Cultura, María Outeiral, debullou os detalles do programa da actividade xunto coa arqueóloga, Vanesa […] O Concello de Boiro vai celebrar os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha cita referente na materia a nivel peninsular e que por primeira vez se celebra no Pazo de Goiáns. A concelleira de Cultura, María Outeiral, debullou os detalles do programa da actividade xunto coa arqueóloga, Vanesa

O Concello de Boiro vai celebrar os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha cita referente na materia a nivel peninsular e que por primeira vez se celebra no Pazo de Goiáns. A concelleira de Cultura, María Outeiral, debullou os detalles do programa da actividade xunto coa arqueóloga, Vanesa Lago. Explicaron que esta cita comezou no ano 2007 e a día de hoxe mantén o seu obxectivo de trasladar os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia. “Cumpre este ano a maioría de idade un evento de gran nivel e sona internacional como é o Encontro Arqueolóxico do Barbanza que está xa consolidado como un referente”, afirmou a concelleira.
O programa deste ano conta con once relatorios nos que van participar preto dunha vintena de investigadores que expoñerán traballos a nivel nacional e internacional. “Nesta edición presentaranse estudos de gran variedade de temas, con investigadores nacionais e tamén internacionais así como poñentes tamén galegos”, afirmou Vanesa Lago, engadindo que as inscricións para as xornadas estarán abertas a partir deste 31 de xaneiro e poderán facerse na páxina web do Centro Arqueolóxico do Barbanza ou no teléfono 647 922 210 ata o vindeiro 14 de febreiro.
As inscricións poderán ser en modalidade libre, cuxa inscrición é gratuíta, ou modalidade certificada, cun custo de 15 euros, coa que se recibirá un certificado de asistencia; un crédito ECTS para alumnos da USC; un certificado de 12 horas de formación en actividade do Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte (USC); ou persoal docente dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade.
Programa de actividades
Sábado 22 de febreiro
09.00h – acreditacións e entrega de documentación
10.30h – acto de apertura
11.00h – Compartiendo lujo: acción colectiva y tecnologías complejas en sociedades sin estado (Marcos Martinón Torres)
12.15h – descanso
12.45h – Nuevas interpretaciones de la Edad del Cobre Ibérica: Lideresas en el Mega-Sitio de Valencia, Lugar Central del Valle del Guadalquivir (Leonardo García Sanjuán, Marta Cintas-Peña e Raquel Montero Artús)
17.00h – Santalla de Bóveda: a importancia da materialidade para a datación absoluta de edificios históricos (Rebeca Blanco Rotea)
17.30h – A vivencia e resignificación das covas. Os usos modernos de Cova Eirós dende a etnoarqueoloxía (Alba Vidal Soliño)
18.00h – As investigacións sobre a Prehistoria do val do Támega: novos avances no conxunto de A Ceda das Chás/Casteli de Lobarzán (Lucía Rodríguez Álvarez)
18.30h – descanso
19.00h – Intervencións arqueolóxicas no Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Escavacións na Illa de Ons (Alba Antía Rodríguez Novoa, Patricia Valle Aba, Adolfo Fernández Fernández)
19.30h – Potes Vellos, Ideas Novas. A Arqueometría na Orixe da Cerámica de Figuras Negras (Emilio Rodríguez Álvarez)
20.00h – El yacimineto de Tahaddart. Avance de los resultados de las nuevas investigaciones del equipo marroquí-español (Adolfo Fernández fernández, Mohamed Kbiri-Alaoui, Meriem Hansali e Fermín E. Pérez Losada)
Domingo 23 de febreiro
10.00h – Las drogas en la Europa prehistórica: rastreando los orígenes del consumo de vegetales psicoactivos (Elisa Guerra Doce)
11.15h – Pirólogos activos. Gestión y uso del fuego en la Prehistoria ibérica (Ernestina Badal García)
12.30h – descanso
12.45h – Mahados en branco e negro. Primeiros resultados dos proxectos ARPA e ANDALUSIL (Carlos Rodríguez Rellán)
14.00h – clausura da edición
Barbanza-Arousa | O Barbanza