O Pleno de Rois aproba destinar máis de 213.000 euros do POS+ Adicional 4/2025 a gasto corrente

A Corporación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da dina de Valencia cando se celebra o primeiro aniversario A Corporación municipal de Rois gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas da dana que hai un ano asolagou Valencia, tras o remate do pleno ordinario no que se aprobou o POS+ […] A Corporación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da dina de Valencia cando se celebra o primeiro aniversario A Corporación municipal de Rois gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas da dana que hai un ano asolagou Valencia, tras o remate do pleno ordinario no que se aprobou o POS+  

A Corporación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da dina de Valencia cando se celebra o primeiro aniversario

A Corporación municipal de Rois gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas da dana que hai un ano asolagou Valencia, tras o remate do pleno ordinario no que se aprobou o POS+ Adicional 4/2025.O Concello destinará a gasto corrente os 213.780,07 euros que lle corresponden no marco deste plan adicional do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña.

Durante a sesión, o alcalde Ramón Tojo defendeu a proposta do equipo de goberno do Partido Popular, explicando que a finalidade é empregar esta partida para cobrir gastos correntes vinculados á recollida do lixo e ao alumeado público.

Pola súa banda, o grupo socialista mostrou o seu desacordo coa decisión, ao considerar que non procedía destinar estes fondos a gasto corrente.

A proposta foi aprobada cos votos a favor do PP (7) e o voto en contra do PSdeG (2).

Ao finalizar o pleno, a Corporación municipal uniuse ao recordo das vítimas da traxedia de Valencia, gardando un minuto de silencio coincidindo co primeiro aniversario da dana.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas