O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira vén de presentar un listado de 22 propostas para a súa inclusión no POS da Deputación do ano 2025. As propostas feitas directamente por cada un dos representantes populares nas distintas parroquias foron tratadas nas reunións parroquiais que se levan realizado no último trimestre do […] O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira vén de presentar un listado de 22 propostas para a súa inclusión no POS da Deputación do ano 2025. As propostas feitas directamente por cada un dos representantes populares nas distintas parroquias foron tratadas nas reunións parroquiais que se levan realizado no último trimestre do
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira ven de presentar un listado de 22 propostas para a súa inclusión no POS da Deputación do ano 2025. As propostas feitas directamente por cada un dos representantes populares nas distintas parroquias foron tratadas nas reunións parroquiais que se levan realizado no último trimestre do 2024 e por aportacións tratadas directamente coa veciñanza.
Cada unha das parroquias ten, segundo os populares, as súas necesidades, sendo de moi diverso tipo e moi diferentes, mais as elixidas son un compendio do que a veciñanza nos transmitiu directamente e o equilibrio e a variedade que debe existir no mencionado Plan de Obras e Servizos, no que este ano Ribeira conta con 1.5 millóns de euros.
Foi na etapa anterior na que o executivo do Partido Popular puxo en marcha un proceso participativo para que a voz da veciñanza fose escoitada na elección das accións a realizar neste plan. Así, obras recentes coma a grada do campo de A Fieiteira ou o parque cuberto de Carreira foron algunhas das peticións con máis éxito popular.
Aguiño: Pavimentación das rúas Forcadiña e Falcoeiro – II Fase renovación da rede de abastecemento de fibrocemento na rúa da Cerca
Artes: Canalización e recollida de augas no Lugar de Outeiro Canalización e recollida de augas no Lugar de Arribas – Realización de zona de lecer no solar municipal de Goda
Carreira: Reforma da grada do Campo de Fútbol da Guía Rehabilitación da Casa da Cultura (antiga) Corrubedo: Pavimentación da rúa Buenos Aires – Renovación de servizos en pavimento na rúa Mexilloeiro – Renovación de servizos en pavimento na rúa 6
Castiñeiras: Pavimentación da rúa Mosqueiros – Pavimentación da estrada Martín-Paramos
Oleiros: Saneamento Muiños-Lobeiras – Reforma do solar anexo ao campo de fútbol para o seu uso coma aparcadoiro e campo da festa
Olveira: Instalación de pistas multideportivas completa na parroquia (suxírese no entorno da Igrexa) – Rehabilitación do Parque de Sirves
Palmeira: 2º Fase das beirarrúas entre Coroso e a Estrada Xeral Pavimentación da Agriña e Río Azor – Pavimentación de San Pedro a
Figueirido
Ribeira: Humanización da rúa Barreira ata rúa da Habana Pavimentación da avenida de Ferrol – Renovación da liña de abastecemento de fibrocemento no Lugar de Fafián
Barbanza-Arousa | O Barbanza