A voceira do grupo municipal do PP en Ribeira, María Sampedro, reuniuse esta mesma semana coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, coa finalidade de poñer no seu coñecemento a preocupación do grupo “pola falta de vivenda pública no municipio” e presentar unha iniciativa que poida facerse efectiva a través de […] A voceira do grupo municipal do PP en Ribeira, María Sampedro, reuniuse esta mesma semana coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, coa finalidade de poñer no seu coñecemento a preocupación do grupo “pola falta de vivenda pública no municipio” e presentar unha iniciativa que poida facerse efectiva a través de

A voceira do grupo municipal do PP en Ribeira, María Sampedro, reuniuse esta mesma semana coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, coa finalidade de poñer no seu coñecemento a preocupación do grupo “pola falta de vivenda pública no municipio” e presentar unha iniciativa que poida facerse efectiva a través de solicitar ao Goberno central que realice a cesión do solo da Sareb dispoñíbel para Ribeira a través do Proxecto Viena.
A proposición presentada para o seu debate no pleno ordinario deste mes de marzo insta,
por un lado, ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana a facer a cesión gratuíta e inmediata
da parcela da Sareb situada na avenida da Coruña e, por outro lado, á Xunta de Galicia a
que reafirme o compromiso de que, unha vez cedida a parcela, redacte e licite un proxecto
de construción de vivendas acorde ás necesidades do Concello de Ribeira.
No encontro coa conselleira, a voceira popular amosou a súa preocupación ante un problema que, segundo dixo, “está a convertese de emerxencia nacional pola falta de oferta e por conseguinte o disparatado aumento das rendas a máximos históricos, polo que é básico sumar esforzos por parte de todas as Administracións na busca de solucións
urxentes e integrais”, sinalou Sampedro,
Tamén fixeron alusión ao crecemento do alugueiro turístico ante o alugueiro convencional ante a inseguridade xurídica nos procedementos actuais e proliferación da ocupación. Dende o Grupo Municipal Popular aseguran “que Ribeira non é unha excepción ante esta problemática” e convidan a todos os grupos municipais a “mostrar a súa sensibilidade non só co tema en si mesmo senón tamén cos colectivos máis afectados pola falta de oferta, como poden ser as persoas en risco de exclusión ou a mocidade que quere acceder á súa primeira vivenda”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza