O PP de Ribeira presenta unha proposta con 22 iniciativas para a súa inclusión no POS 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira presentou un listado de 22 propostas para a súa inclusión no POS da Deputación do ano 2025. As propostas feitas directamente por cada un dos representantes populares nas distintas parroquias foron tratadas nas reunións parroquiais que se levan realizado no último trimestre do 2024 e […] O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira presentou un listado de 22 propostas para a súa inclusión no POS da Deputación do ano 2025. As propostas feitas directamente por cada un dos representantes populares nas distintas parroquias foron tratadas nas reunións parroquiais que se levan realizado no último trimestre do 2024 e  

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira presentou un listado de 22 propostas para a súa inclusión no POS da Deputación do ano 2025. As propostas feitas directamente por cada un dos representantes populares nas distintas parroquias foron tratadas nas reunións parroquiais que se levan realizado no último trimestre do 2024 e a través de achegas tratadas directamente coa veciñanza, segundo fixo saber a agrupación, ao que engade que “cada unha das parroquias ten as súas necesidades, sendo estas de moi diverso tipo e moi diferentes, mais as elixidas son un compendio do que a veciñanza nos transmitiu directamente e o equilibrio e a variedade que existir na petición mencionado Plan de Obras e Servizos, no que este ano Ribeira conta con 1.5 millóns de euros”.

O grupo sostén que “foi na etapa anterior na que o executivo do Partido Popular puxo en marcha un proceso participativo para que a voz da veciñanza fose escoitada na elección das accións a realizar neste plan, así obras recentes coma a grada do campo de A Fieiteira ou o parque cuberto de Carreira foron algunhas das peticións que se recordan con máis éxito popular nos últimos anos”. Neste punto, o PP critica ao Goberno actual por, opinan, “non ter levado a cabo ningunha das tres premisas coas que se mostrou dende os seus inicios: transparencia, participación e consenso. “Esta”, din, “é a primeira vez na que se abre unha canle de participación cidadá que fora impulsar polo PP demostrando que cando nos copian acertan”.

Os populares volven denunciar que “cambiamos de ano pero os costumes ditatoriais do tripartito non mudan” tras recibir, sosteñen, “un correo electrónico cunha notificación dun pleno extraordinario para o 10 de xaneiro en horario de mañá sen nin sequera ter consensuado co grupo maioritario da Corporación, representando a máis de 5.000 ribeirenses, a súa disposición para poder participar no mesmo”. Isto, din, amosa “de novo unha deslealdade cando saben a maioría do noso grupo ten obrigas laborais nese horario”. Os populares engaden que “malia todo manifestamos o noso compromiso absoluto cos ribeirenses malia os numerosos atrancos e deslealdades institucionais que están a padecer dende o primeiro día”.

Obras propostas nas nove parroquias

Aguiño
• Pavimentación das rúas Forcadiña e Falcoeiro
• II Fase renovación da rede de abastecemento de fibrocemento na rúa da Cerca

Artes
• Canalización e recollida de augas no Lugar de Outeiro
• Canalización e recollida de augas no Lugar de Arribas
• Realización de zona de lecer no solar municipal de Goda

Carreira
• Reforma da grada do Campo de Fútbol da Guía
• Rehabilitación da Casa da Cultura (antiga)

Corrubedo
• Pavimentación da rúa Buenos Aires
• Renovación de servizos en pavimento na rúa Mexilloeiro
• Renovación de servizos en pavimento na rúa 6

Castiñeiras
• Pavimentación da rúa Mosqueiros
• Pavimentación da estrada Martín-Paramos

Oleiros
• Saneamento Muiños-Lobeiras
• Reforma do solar anexo ao campo de fútbol para o seu uso coma aparcadoiro e campo da festa

Olveira
• Instalación de pistas multideportivas completa na parroquia (suxírese no entorno da Igrexa)

· Rehabilitación do Parque de Sirves

Palmeira
• 2º Fase das beirarrúas entre Coroso e a Estrada Xeral
• Pavimentación da Agriña e Río Azor
• Pavimentación de San Pedro a Figueirido

Ribeira
• Humanización da rúa Barreira ata rúa da Habana
• Pavimentación da avenida de Ferrol
• Renovación da liña de abastecemento de fibrocemento no Lugar de Fafián

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas