O concelleiro do Partido Popular, Emilio Pérez Outeiral, presentou unha solicitude á alcaldía para revisar os recentes cambios de dirección viaria na contorna do centro escolar da parroquia de Palmeira. A petición conta co respaldo da veciñanza, dixo, engadindo que a avalan 167 sinaturas en apoio á demanda. Os residentes manifestan que “estas modificacións están […] O concelleiro do Partido Popular, Emilio Pérez Outeiral, presentou unha solicitude á alcaldía para revisar os recentes cambios de dirección viaria na contorna do centro escolar da parroquia de Palmeira. A petición conta co respaldo da veciñanza, dixo, engadindo que a avalan 167 sinaturas en apoio á demanda. Os residentes manifestan que “estas modificacións están
O concelleiro do Partido Popular, Emilio Pérez Outeiral, presentou unha solicitude á alcaldía para revisar os recentes cambios de dirección viaria na contorna do centro escolar da parroquia de Palmeira. A petición conta co respaldo da veciñanza, dixo, engadindo que a avalan 167 sinaturas en apoio á demanda.
Os residentes manifestan que “estas modificacións están a xerar serios inconvenientes, afectando a circulación máis alá do horario lectivo e comprometendo a seguridade viaria na zona”. Ante esta situación, o Partido Popular insta a “unha revisión das medidas adoptadas e a busca de solucións máis adecuadas ás necesidades da veciñanza”.
Entre as alternativas propostas, o PP suxire restrinxir as novas direccións unicamente ao horario escolar para minimizar o impacto negativo na circulación diaria. Así mesmo, solicita que a revisión se basee en informes da Policía Local e nun diálogo aberto coa cidadanía afectada.
O Partido Popular fai un chamamento á alcaldía para atender esta solicitude con urxencia, co obxectivo de evitar maiores inconvenientes e garantir a seguridade e o benestar dos habitantes de Palmeira.

Barbanza-Arousa | O Barbanza