Os deputados do Grupo Popular Miguel Figalgo, Loli Hermelo, Manuel Santos e Magdalena Pérez criticaron ao patrón maior de Rianxo porque consideran que” emprega o seu posto na confraría para facer oposición política á Xunta de Galicia e converter esta entidade nunha sucursal do PSOE, sinalaron nunha visita ao porto de Rianxo, acompañados do portavoz […] Os deputados do Grupo Popular Miguel Figalgo, Loli Hermelo, Manuel Santos e Magdalena Pérez criticaron ao patrón maior de Rianxo porque consideran que” emprega o seu posto na confraría para facer oposición política á Xunta de Galicia e converter esta entidade nunha sucursal do PSOE, sinalaron nunha visita ao porto de Rianxo, acompañados do portavoz
Os deputados do Grupo Popular Miguel Figalgo, Loli Hermelo, Manuel Santos e Magdalena Pérez criticaron ao patrón maior de Rianxo porque consideran que” emprega o seu posto na confraría para facer oposición política á Xunta de Galicia e converter esta entidade nunha sucursal do PSOE, sinalaron nunha visita ao porto de Rianxo, acompañados do portavoz do PP neste concello, José Luís Castiñeiras. Os deputados populares demandaron ao patrón maior de Rianxo “que aclare cando fala se o fai como representante da Confraría ou como concelleiro do Partido Socialista”.
“A Confraría non debe converterse nunha plataforma electoral do PSOE”, indicaron os deputados, e cualificaron de “lamentábel que empregue o seu cargo no sector para medrar no PSOE e facer oposición política ao Partido Popular e á Xunta de Galicia, á vez que trata de manipular ao resto de confrarías da ría no seu propio beneficio político”.
Por estes motivos, pediron ao patrón maior que “se realmente quere defender ao sector, que apunte cara a quen crea os problemas: cara a Pedro Sánchez e as súas políticas, e non cara a quen traballa todos os días para protexer o noso mar”.

Barbanza-Arousa | O Barbanza