O Programa de Emprego Xuventude I, impulsado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra, realizou na mañá deste 8 de abril unha xornada de portas abertas para dar a coñecer entre o alumnado do IES Espiñeira o traballo que realiza. O concelleiro de Comercio, Formación e Emprego do Concello de Boiro, […] O Programa de Emprego Xuventude I, impulsado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra, realizou na mañá deste 8 de abril unha xornada de portas abertas para dar a coñecer entre o alumnado do IES Espiñeira o traballo que realiza. O concelleiro de Comercio, Formación e Emprego do Concello de Boiro,

O Programa de Emprego Xuventude I, impulsado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra, realizou na mañá deste 8 de abril unha xornada de portas abertas para dar a coñecer entre o alumnado do IES Espiñeira o traballo que realiza. O concelleiro de Comercio, Formación e Emprego do Concello de Boiro, Roberto Lojo; e a concelleira da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, participaron na xornada.
Nas sesións celebradas este martes 8 o alumnado traballador deu explicación e mostraron algunhas das actividades prácticas que desenvolven relacionadas coa memorias DDR RAM, sotfware, placas base, procesadores e microprocesadores, almacenamento, fontes de alimentación… de forma que o alumnado visitante poida interactuar tamén coas pezas de traballo.
O Programa de Emprego Xuventude I é un programa mixto de emprego e formación destinado a persoas de entre 18 e 30 anos e que ten como finalidade facilitar a inserción laboral de persoas mozas desempregadas por medio da súa cualificación profesional combinando a formación teórica coa realización de tarefas prácticas.
O programa está co-financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a UE mediante o mecanismo FSE+ e céntrase en operacións auxiliares e mantemento de sistemas informáticos. A través das actividades que inclúe, o alumnado ten a oportunidade de formarse en ámbitos de gran demanda por parte das empresas, como por exemplo a montaxe de equipos informáticos e as operacións auxiliares de mantemento de sistemas informáticos, ademais de realizar operacións auxiliares con Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC). A maiores, obterán un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, brindaráselles a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas.
Barbanza-Arousa | O Barbanza