O PSdeG de Rianxo abstense na votación sobre o proxecto do Castelo da Lúa

Os socialistas de Rianxo abstivéronse no pasado pleno na votación sobre o proxecto do Castelo de Lúa e fixérono co argumento da “falta de ética, diálogo e prioridade social”. Explicaron nun comunicado que “a nosa abstención permitiu a viabilidade do proxecto, pero deixa clara anosa non conformidade coa forma na que se elaborou e presentou; […] Os socialistas de Rianxo abstivéronse no pasado pleno na votación sobre o proxecto do Castelo de Lúa e fixérono co argumento da “falta de ética, diálogo e prioridade social”. Explicaron nun comunicado que “a nosa abstención permitiu a viabilidade do proxecto, pero deixa clara anosa non conformidade coa forma na que se elaborou e presentou;  

Os socialistas de Rianxo abstivéronse no pasado pleno na votación sobre o proxecto do Castelo de Lúa e fixérono co argumento da “falta de ética, diálogo e prioridade social”. Explicaron nun comunicado que “a nosa abstención permitiu a viabilidade do proxecto, pero deixa clara a
nosa non conformidade coa forma na que se elaborou e presentou; non compartimos nin os métodos utilizados nin a falta de respecto institucional
e profesional que rodea este expediente”.

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo aclarou no comunicado a súa posición respecto ao punto 4 do pleno municipal, relativo á solicitude dunha axuda nominativa á Deputación da Coruña para o acondicionamento do acceso e contorna do Castelo da Lúa no lugar do Pazo. O PSdeG optou pola
abstención como “mostra de responsabilidade política e defensa dos intereses reais da veciñanza”. Explicaron que “desde o PSdeG compartimos a importancia patrimonial do Castelo da Lúa e recoñecemos o seu valor como potencial reclamo turístico; porén, consideramos que unha subvención nominativa de 150.000 € debería destinarse a proxectos estratéxicos que melloren directamente a vida das persoas de Rianxo”. Na súa opinión, “a veciñanza reclama melloras reais nos servizos públicos, nos espazos públicos e na atención social, e esa debe ser a prioridade dun goberno comprometido co seu pobo”.

Explican que a postura dos socialistas rianxeiros “non é contraria ao patrimonio nin á cultura, senón a favor dunha xestión honesta, ética e centrada na cidadanía; non podemos apoiar un proxecto que incorpora contido técnico elaborado por profesionais —como o arqueólogo Mario César Vila e o arquitecto Marcial Rodríguez Rodríguez— sen o seu permiso, sen recoñecemento e sen contacto previo”. Este feito, din, “constitúe unha grave vulneración dos dereitos de propiedade intelectual e supón unha falta de respecto inaceptábel polo traballo profesional, e ademais inclúense neste proxecto novos espazos lúdicos e parques cando aínda están sen executar investimentos xa aprobados, como os 35.000 € comprometidos para o Parque Galicia ou o Campo de Arriba”.

No seu comunicado o PSOE rianxeiro critica a forma na que se xestionou a presentación do proxecto: “Foi coñecido polos medios de comunicación antes de ser tratado na comisión informativa, demostrando unha vez máis a falta de vontade de diálogo por parte do alcalde e do seu equipo”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas