O PSdeG de Ribeira defenderá no próximo pleno unha proposición para aprobar a construción dunha pasarela na praia do Prado, en Corrubedo, coa finalidade de conectar de maneira máis directa a rúa Prado, a rúa Atalaia, a rúa Bandariarrego, a Travesa do Torreiro e a rúa Torreiro. Para os socialistas, trátase “dunha actuación necesaria para […] O PSdeG de Ribeira defenderá no próximo pleno unha proposición para aprobar a construción dunha pasarela na praia do Prado, en Corrubedo, coa finalidade de conectar de maneira máis directa a rúa Prado, a rúa Atalaia, a rúa Bandariarrego, a Travesa do Torreiro e a rúa Torreiro. Para os socialistas, trátase “dunha actuación necesaria para

O PSdeG de Ribeira defenderá no próximo pleno unha proposición para aprobar a construción dunha pasarela na praia do Prado, en Corrubedo, coa finalidade de conectar de maneira máis directa a rúa Prado, a rúa Atalaia, a rúa Bandariarrego, a Travesa do Torreiro e a rúa Torreiro. Para os socialistas, trátase “dunha actuación necesaria para mellorar a mobilidade peonil nun ámbito que na actualidade presenta limitacións evidentes e que obriga a moitos veciños e veciñas a realizar rodeos innecesarios”.
Desde o Grupo Municipal Socialista subliñan que esta proposta “non responde a un criterio estético”, senón “á vontade de resolver unha carencia real” do espazo público e avanzar nunha conexión máis cómoda, segura e accesíbel entre distintos puntos de Corrubedo. “Estamos falando dunha actuación útil, pensada para o día a día da veciñanza, que permitiría mellorar de forma clara a comunicación dentro da parroquia”, sinalou o portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta.
Os socialistas destacan ademais que a pasarela tería unha importancia especial desde o punto de vista da accesibilidade universal, xa que o paso por esta zona non ofrece hoxe unha alternativa axeitada para persoas maiores, con mobilidade reducida, diversidade funcional ou familias con carriños infantís.
Para o Grupo Municipal Socialista, esta “é unha actuación útil, necesaria e de impacto directo na vida diaria da veciñanza”, polo que defenderá a súa aprobación no pleno.
Barbanza-Arousa | O Barbanza
