O PSOE celebra os avances no novo polígono de Ribeira, pero di que PP presume dun proxecto que “antes rexeitou financiar” 

O PSOE de Ribeira valorou positivamente a adxudicación por parte da Xunta de Galicia da actualización do proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas-A Fontenla, así como a previsión de licitar as obras antes de que remate o ano. Con todo, os socialistas denunciaron nun comunicado o que consideran “contradicións do Partido Popular”, xa […]
O artigo O PSOE celebra os avances no novo polígono de Ribeira, pero di que PP presume dun proxecto que “antes rexeitou financiar”  publicouse primeiro en O Barbanza. O PSOE de Ribeira valorou positivamente a adxudicación por parte da Xunta de Galicia da actualización do proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas-A Fontenla, así como a previsión de licitar as obras antes de que remate o ano. Con todo, os socialistas denunciaron nun comunicado o que consideran “contradicións do Partido Popular”, xa
O artigo O PSOE celebra os avances no novo polígono de Ribeira, pero di que PP presume dun proxecto que “antes rexeitou financiar”  publicouse primeiro en O Barbanza.  

O PSOE de Ribeira valorou positivamente a adxudicación por parte da Xunta de Galicia da actualización do proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas-A Fontenla, así como a previsión de licitar as obras antes de que remate o ano. Con todo, os socialistas denunciaron nun comunicado o que consideran “contradicións do Partido Popular”, xa que, segundo din, votou en contra dunha emenda presentada polo PSdeG para financiar esta infraestrutura. “Agora pretenden atribuírse os avances do proxecto”, criticaron.  

A deputada autonómica socialista Patricia Iglesias considerou que “o sucedido é un novo exemplo da forma de actuar do Partido Popular en Ribeira”, unha metodoloxía que resume deste xeito: “Primeiro bloquean, despois rectifican e finalmente presumen de solucionar os problemas que eles mesmos crean. Alegrámonos de que a Xunta anuncie avances no polígono industrial, porque Ribeira necesita solo industrial, oportunidades económicas e emprego, pero non podemos esquecer que o PP votou en contra da nosa proposta para financiar as obras”. 

Os socialistas lembraron que “o proxecto contou co apoio unánime da Corporación Municipal en distintas ocasións, entre elas o pleno de xullo de 2024, no que se aprobou a modificación do proxecto de urbanización”. 

O portavoz municipal socialista, Fran Suárez-Puerta, cualificou de “especialmente contraditorio” que “o PP pretenda atribuírse en exclusiva unha actuación que contou co respaldo de todas as formacións políticas”. E engadiu:  “Cando presentamos unha emenda para financiar o polígono, o PP tivo a oportunidade de apoiar unha actuación necesaria para o desenvolvemento industrial e económico de Ribeira, pero decidiu votar en contra. Agora a Xunta anuncia avances e pretenden que esquezamos aquela votación”. 

O PSOE de Ribeira considera que o acontecido co polígono industrial non “é un episodio illado, senón que responde a unha dinámica que, segundo denuncian, tamén se repite con outras cuestións fundamentais para o municipio, como a residencia de maiores ou a organización das festas, cuestións para as que se xeran problemas que despois son trasladados á Xunta e finalmente preséntase a solución como un éxito político”, afirma Iglesias. 

“O importante non é quen apareza na fotografía, senón que as obras se executen e que Ribeira dispoña dunha infraestrutura que leva demasiado tempo agardando. Nós queremos que o polígono saia adiante, pero Ribeira necesita un goberno que resolva os problemas, non que os converta en oportunidades para facerse fotografías”, subliñou Suárez-Puerta, lembrando que “os socialistas seguirán reclamando investimentos nos Orzamentos da Xunta para dar resposta ás necesidades de Ribeira”.

“Desde o Partido Socialista non imos entrar nesa política de propaganda barata. Queremos feitos, financiamento e prazos cumpridos. Ribeira non necesita máis fotografías do PP, necesita que a Xunta deixe de poñer atrancos e cumpra dunha vez por todas co que o municipio merece”, concluíu Patricia Iglesias. 

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas