O PSOE de Rianxo aposta por reforzar a seguridade co traballo de todos os grupos

O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que traslada a súa preocupación por, nas súas palabras, “a crecente sensación de inseguridade que nos últimos tempos están a expresar veciños, veciñas e tamén parte do tecido comercial do municipio”. Engaden que estamos ante unha cuestión que “require atención e respostas claras e rotundas para garantir […] O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que traslada a súa preocupación por, nas súas palabras, “a crecente sensación de inseguridade que nos últimos tempos están a expresar veciños, veciñas e tamén parte do tecido comercial do municipio”. Engaden que estamos ante unha cuestión que “require atención e respostas claras e rotundas para garantir  

O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que traslada a súa preocupación por, nas súas palabras, “a crecente sensación de inseguridade que nos últimos tempos están a expresar veciños, veciñas e tamén parte do tecido comercial do municipio”. Engaden que estamos ante unha cuestión que “require atención e respostas claras e rotundas para garantir a tranquilidade e a boa convivencia en Rianxo”.

No comunicado lembran que hai apenas tres semanas, o pasado 13 de febreiro, representantes do PSOE mantiveron unha reunión co alcalde, Julián Bustelo, “na que se abordou precisamente a necesidade de reforzar determinadas medidas de seguridade no municipio ante algúns episodios que se estaban a producir”.

“Consideramos positivo que exista diálogo institucional, pero cremos necesario que estas conversas se traduzan agora en actuacións concretas”, sinalan, recordando que “nos últimos días producíronse diferentes situacións que contribuíron a aumentar a preocupación entre a veciñanza” e que “algúns establecementos comerciais optaron por reforzar a súa seguridade con medios privados, mentres que noutros casos se tomaron decisións como pechar a entrada dos negocios por prudencia”. A isto súmanse intervencións puntuais das forzas de seguridade, como a recente presenza da Garda Civil nun parque infantil do municipio para garantir a tranquilidade nun espazo pensado para o lecer das familias e da infancia.

Para o PSOE de Rianxo, máis alá de feitos concretos, “o importante é atender o sentimento que está a expresar parte da veciñanza de inseguridade e actuar con responsabilidade para preservar un dos valores máis importantes de calquera vila: a convivencia e a seguridade no día a día”.

Os socialistas opinan tamén “resulta necesario que todas as forzas que forman parte da mesma traballen conxuntamente para avaliar a situación e impulsar as medidas que sexan necesarias”.

“Rianxo é unha vila tranquila e con gran calidade de vida. Precisamente por iso debemos coidar ese patrimonio colectivo e actuar con responsabilidade cando xorden preocupacións entre a veciñanza”, sinalan desde o grupo socialista, reafirmando a súa disposición a colaborar e a traballar de maneira construtiva para que se adopten as medidas necesarias que permitan seguir garantindo que Rianxo sexa “un lugar seguro para vivir, traballar e desenvolver a actividade comercial”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas