O PSOE de Rianxo reclama corrixir o cobro erróneo da taxa de aproveitamentos especiais

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo denunciou a persistencia dun erro na aplicación da taxa de aproveitamentos especiais do dominio público local, regulada pola Ordenanza Fiscal nº 12, en vigor desde 2012. Segundo os socialistas, o Concello continúa aplicando criterios que non figuran na norma, o que está a provocar confusión, inseguridade xurídica e desigualdade […] O Grupo Municipal Socialista de Rianxo denunciou a persistencia dun erro na aplicación da taxa de aproveitamentos especiais do dominio público local, regulada pola Ordenanza Fiscal nº 12, en vigor desde 2012. Segundo os socialistas, o Concello continúa aplicando criterios que non figuran na norma, o que está a provocar confusión, inseguridade xurídica e desigualdade  

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo denunciou a persistencia dun erro na aplicación da taxa de aproveitamentos especiais do dominio público local, regulada pola Ordenanza Fiscal nº 12, en vigor desde 2012. Segundo os socialistas, o Concello continúa aplicando criterios que non figuran na norma, o que está a provocar confusión, inseguridade xurídica e desigualdade fiscal entre veciños e empresas.

O PSOE leva máis dun ano advertindo ao alcalde, Julián Bustelo, desta anomalía e presentou mocións, rogos e mesmo solicitou un pleno extraordinario para abordar a cuestión. Ademais, hai seis meses que pediu unha reunión formal co rexedor, que —aseguran— segue negándose a recibir ao grupo municipal.

O alcalde xustifica a súa postura alegando que debe aplicar a ordenanza, algo co que os socialistas coinciden, pero lembran que “o seu deber tamén é aplicala correctamente e actualizala cando é necesario”. O PSOE critica que a negativa do rexedor, avalada polo apoio do PP local, está a perxudicar directamente á veciñanza, que soporta un cobro indebido.

Os socialistas advirten de que, se non se actúa con urxencia, os contribuíntes poderían reclamar a devolución das cantidades abonadas nos últimos catro anos, conforme á Lei Xeral Tributaria, o que podería ter consecuencias económicas para as arcas municipais.

Neste sentido, o grupo está a analizar a situación cos seus servizos xurídicos para valorar posibles accións en defensa dos dereitos da cidadanía. Finalmente, reiteran a súa vontade de diálogo e de proposta, ofrecendo alternativas para resolver esta situación e garantir unha aplicación xusta da ordenanza.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas